O menestrel, na Europa medieval, era o poeta bardo cuxo repertorio lírico se refería a historias de lugares distantes ou sobre eventos históricos reais ou imaxinarios. Malia que cabía a opción de crearen os seus propios contos, moitas veces memorizaban e floreaban obras alleas. Conforme as cortes se ían refinando, os menestreis foron substituídos por trobadores, e varios deles fixéronse errantes, gañando presenza entre o vulgo, divulgadando deste xeito as obras doutros autores.

Terminoloxía e etimoloxía O termo galego medieval "menestrel" está relacionado coa palabra provenzal ou do francés antigo menestrel e variantes. Ambos proviñan do latín ministerialis, que aludía a "funcionario" ou "servidor". Da mesma raíz proveñen as palabras ministro, administración, ministerial (especie de escravos nobres do Sacro Imperio) e minstrel ou minstrelsy (espectáculos teatrais nos EUA do século XIX e comezos do XX, onde actores "brancos" se pintaban a cara de negro para parodiar de xeito racista a persoas afroamericanas).miniatura|Imaxe representando Menestreis na Cantiga 120 das Cantigas de Santa María (Colección do Mosteiro do Escorial, século XIII).|centro Notas

Categoría:Literatura medieval Categoría:Ocupacións artísticas