Yahya (Abdul-Aziz Jemus Junkung) Jammeh, nado o 25 de maio de 1965, é o Presidente de Gambia dende 1996. Como presidente do Consello de Goberno Provisional das Forzas Armadas, tomou o control do país nun golpe de estado en xullo de 1994, e foi elixido como presidente dous anos despois, en setembro de 1996, nunhas eleccións, que recibiron algunhas críticas.Background Note: The Gambia, U.S. Department of State, Marzo de 2006.
Fundou a Alianza para a Reorientación e Construción Patriótica como partido político. Jammeh foi reelixido o 18 de outubro de 2001 con aproximadamente o 53% dos votos, sendo estas eleccións consideradas libres por observadores internacionais, agás algúns acontecementos concretos.Country Report on Human Rights Practices for The Gambia, U.S. Department of State, 4 de marzo 2002. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do presidente
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Presidentes de Gambia Categoría:Nados en Gambia