Henrique Pereira Rosa, nado o 18 de xaneiro de 1946 e finado o 15 de maio de 2013, foi un político de Guinea-Bissau. Exerceu como presidente do seu país dende o 28 de setembro de 2003, despois que un golpe de estado militar depuxera ao anterior presidente, Kumba Ialá, ata 2005.

Henrique Rosa era un empresario, inicialmente reticente a aceptar o posto que lle ofreceu un comité militar dirixido por Veríssimo Correia Seabra.

Notas

Categoría:Presidentes de Guinea-Bissau Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Guinea-Bissau Categoría:Finados por cancro de pulmón