O condado de Clare (en gaélico irlandés an Chláir) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). A capital é Ennis, e o condado é parte da bacía do río Shannon, contendo o aeroporto de Shannon. Na súa costa atópanse os cantís de Moher, uns dos máis altos de Europa.
Os condados veciños de Clare son Galway polo norte, Tipperary polo leste, Limerick polo sur, Kerry polo suroeste, e ao oeste e ao norte limita co océano Atlántico.
Véxase tamén
Categoría:Condados de Irlanda