O condado de Antrim (en gaélico irlandés Contae Aontroma; en inglés County Antrim) é un dos seis condados de Irlanda que forman parte de Irlanda do Norte, e un dos nove que forman a provincia do Ulster. Está situado no nordeste da illa de Irlanda e a súa cidade máis importante é Belfast, capital de Irlanda do Norte; a maior parte de Belfast está no condado de Antrim, porén unha parte está no condado de Down.

Administración A cidade tradicional do condado é Antrim. Máis recentemente, Ballymena foi a sede do goberno do condado. Os condados de Irlanda do Norte deixaron de ser entidades administrativas en 1973, coa reorganización do goberno local. En Irlanda do Norte, a estrutura do condado xa non se utiliza no goberno local. Irlanda do Norte está hoxe dividida en distritos.

Distritos O condado está dividido en nove distritos: Distrito de Belfast Distrito de Ballymena Distrito de Ballymoney Distrito de Carrickfergus Distrito de Antrim Distrito de Larne Distrito de Newtonabbey Distrito de Moyle Distrito de Lisburn

Concellos A maioría dos residentes do condado de Antrim están administrados polos seguintes nove concellos:

Antrim Borough Council Ballymena Borough Council Ballymoney Borough Council Belfast City Council Carrickfergus Borough Council Larne Borough Council Lisburn City Council Moyle District Council Newtownabbey Borough Council

Topónimo O condado leva o nome da antiga cidade do condado, Antrim. O nome provén do gaélico irlandés Aontroim que significa "crista solitaria" . Coontie Antrìm,Bonamargy Friary Guide Department of the Environment. Countie Antrim, Coontie Anthrim2008 annual report in Ulster-Scots Tourism Ireland. e Coonty EntrimThe Ulster-Scot, June 2011 Charlie 'Tha Poocher' Rennals. son nomes en scots do Ulster.

Xeografía

Unha gran parte de Antrim é moi montañosa. Os outeiros máis altos están no leste do condado. A cadea montañosa discorre cara ao norte e ao sur e, seguindo esta dirección, os puntos máis altos son Trostan (550m), Knocklayd (514m) e Slieveanorra (508m). Ao longo da costa hai moitos cantís no norte. Algúns dos máis notables son os formados por columnas basálticas verticais, como na Calzada do Xigante.

A única illa grande do condado de Antrim é a illa de Rathlin, que ten forma de L, fronte a Ballycastle, de 11 km de lonxitude total por 2 km de anchura máxima.

O río Bann e o río Lagan son os dous ríos importantes do condado. O condado limita co Lough Neagh.

Notas

Véxase tamén

Ulster Irlanda do Norte Illa de Irlanda

Antrim