thumb|left|Agricultor camerunés. Grazas ás súas modestas reservas de petróleo e condicións favorables á agricultura, o Camerún ten unha das mellores economías exportadoras de commodities da África Subsahariana. Aínda así, o país enfronta considerables problemas, tales como unha baixa renda per cápita, unha distribución da renda relativamente mala, corrupción endémica e un clima para negocios xeralmente pouco favorable. Os mercados máis importantes para os produtos do país son España, Francia, Italia e Corea do Sur. A moeda do país é o Franco CFA da África Central.

Desde os anos 1990 o país ingresou en varios programas do Fondo Monetario Internacional con obxectivas de estimular os negocios, mellorar a eficiencia da agricultura e do comercio, así como capitalizar os bancos. O FMI mete presión por máis reformas, incluíndo a transparencia do orzamento, privatizacións, e programas para a redución da pobreza.

Notas

Camerún Categoría:Camerún