A prata metanamina de Gomori é unha das tinguiduras especiais para fungos máis empregada. A reacción tintorial é debida a que, en presenza de ácido periódico, os polisacáridos da parede celular dos fungos son oxidados a aldehidos; estes, á súa vez, reducen o complexo nitrato-prata metanamina producindo unha coloración de cor café a negra, debido ó depósito da prata reducida nos lugares de localización dos aldehidos.
Tamén se utiliza para a identificación da melanina. Este pigmento é producido na pel polos melanocitos. Nos humanos a melanina atópase na pel, cabelo, e no recubrimento da retina. Aínda que os seres humanos xeralmente posúen unha concentración similar de melanocitos na súa pel, nalgúns individuos e nalgunhas etnias expresan máis frecuentemente o xene produtor de melanina, polo que isto produce unha maior concentración de melanina na pel.
Preparación da mostra O tecido debe ser fixado en formol para obter mellores resultados, e seccionado a 5 microns.
Reactivos Solución de ácido bórico (solución A): 3,09 g de ácido bórico 250 cc de auga destilada
Solución de tetraborato sódico (solución B): 4,77 g de tetraborato sódico 250 cc de auga destilada
Solución buffer borato (comprobar que o pH sexa 8,2) 13 cc de solución A 7 cc de solución B
Solución de prata metanamina 42,5 cc de metanamina (hexametilentetranamina) 3% 2,5 cc de nitrato de prata 5% 12 cc de buffer borato (pH 8,2)
Procedemento Debe evitarse, durante todo o proceso, o uso de instrumentos metálicos xa que a prata precipitaría sobre eles. Desparafinar e hidratar. Engadir ácido periódico 0,5%, 12 minutos. Lavar con auga destilada. Mergullar os cortes na solución de prata metanamina, 1 hora mínimo a 60 °C; a partir deste tempo comprobar regularmente ó microscopio. Lavar con auga destilada. Engadir cloruro de ouro, 1 minuto. Lavar con auga destilada. Engadir tiosulfato sódico 3%, 1-2 minutos. Lavar con auga corrente. Tinguidura de contraste (vermello nuclear, hematoxilina, verde luz...), 1 minuto. Deshidratar, aclarar, montar.
Resultados Reticulina, membranas basais, fungos, mucinas, glicóxeno: negro. Fondo: segundo tinguidura de contraste Núcleos: marrón escuro a negro
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas www.conganat.org/IICONGRESO/conf/014/diagn.htm
Categoría:Tinguiduras histolóxicas