O método da dixestión por sialidase é un método moi similar ó da diastase en canto a fundamento. Consiste en eliminar, mediante o uso dun enzima, ó glicóxeno do tecido evitando así a súa tinguidura.

Fundamento A sialidase, tamén coñecida coma neuraminidase, é un enzima que cataliza a hidrólise de enlaces alfa-2,3, alfa-2,6 e alfa-2,8 (a unha velocidade decrecente, respectivamente) dos residuos siálicos terminais de oligosacáridos, glicoproteínas, ácido colomínico e substrato sintético. Actúa sobre o glicóxeno descompoñéndoo, e así eliminándoo do tecido como tal, polo que non é tinguido.

Tecido control e diana Calquera tecido que conteña glicóxeno (ou mucopolisacáridos en xeral).

Para fixar a mostra é común a utilización de formol 10%, formol-alcohol ou líquido de Carnoy. Non se utiliza o líquido de Zenker ou o de Helly. O líquido de Bouin elimina as sialomucinas dos tecidos, polo que tampouco se utiliza.

O medio de inclusión preferible é a parafina, e o grosor de corte de 4 a 6 micrómetros.

Reactivos Solución Estabilizadora A 26,2 gr Acetato de sodio 8,9 gr Cloruro de calcio 200 cc Auga destilada Solución Estabilizadora B 26 gr Acetato de sodio 0,8 gr Cloruro de calcio 200 cc Auga destilada Solución de sialidase para dixestión 1 cc Sialidase 0,1 cc Solución estabilizadora A

Procedemento Desparafinar e hidratar 2 láminas ata chegar á auga destilada; unha lámina será sometida ó proceso de dixestión, a outra non. Circundar as seccións de tecido nas láminas cun marcador de diamante. Secar as láminas ó aire, polo menos 2 horas (o ideal sería deixalo toda a noite). Colocar as láminas sobre variñas de cristal nunha cubeta que pode ser cuberta, para previr o secado da solución de sialidase, cun papel toalla humedecido no fondo. Cubrir a lámina marcada para dixestión coa solución de sialidase. Cubrir a lámina que non foi dixerida con solución estabilizadora B. Ámbalas dúas láminas deben permanecer cubertas por 3 horas a temperatura ambiente, para así previr o secado da solución para a dixestión. Enxaugar con auga destilada. Continuar co procedemento de tinguido do mucopolisacárido solicitado. Este tinguido pode realizarse, por exemplo, con Azul–Alcián, aínda que o ferro coloidal é máis sensible como detector de sialomucinas.

Resultados O tinguido atribuído ás mucinas salivares será eliminado.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas http://www.histosearch.com/histonet/Oct00A/Re.SialidaseDigestionA.html

Categoría:Tinguiduras histolóxicas