miniatura|dereita|200px|Francisco Camps, expresidente do País Valenciano, un dos principais implicados no caso Gürtel O caso Gürtel (Gürtel en alemán é o termo para "cinto" ou "correa") é o nome que lle deu o xuíz instrutor Baltasar Garzón á investigación que en 2009 tratou de investigar unha presunta trama delitiva na que estaban implicados diversos empresarios e varios políticos do Partido Popular en España.

Trama e ramificacións miniatura|Pablo Crespo, home de confianza do Francisco Correa. O centro da trama sería supostamente o empresario madrileño Francisco Correa e tres dos seus socios e homes de confianza, o galego Pablo Crespo, Álvaro Pérez (alias El Bigotes) e Antoine Sánchez. O seu obxectivo sería supostamente desenvolver un conglomerado de negocios para aproveitar fondos de entidades públicas, en particular dalgúns concellos e comunidades autónomas, como Madrid e Valencia.

As empresas nas que que basearían este conglomerado denomínanse Special Events e Orange Market, e operaban no sector da organización de eventos e na arquitectura efémera. Os contratos coas administracións públicas conseguiríanse supostamente mediante doazóns e agasallos, comisións ilegais1,2 millóns de euros en comisións ilegais , Cadena Ser, 24.04.2009, consultado o 25.09.2009. e subornos a funcionarios e autoridades públicas. A partir deste núcleo inicial a trama tería tres ramificacións principais, en función das instancias xudiciais que poden responsabilizarse do caso.

A póla valenciana A existencia de imputados ou posibles imputados con cargos nas administracións públicas valencianas obrigou o xuíz instrutor inicial, Baltasar Garzón, a trasladar a causa ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia. Neste caso, os empresarios recibiron distintos contratos das administracións públicas valencianas (que o xuíz instrutor valorara en cinco millóns de euros) ao mesmo tempo que facían agasallos en roupa e complementos téxtiles a determinados políticos, fundamentalmente o presidente da Generalitat Valenciana Francisco Camps, o secretario xeral do PP Ricardo Costa e o secretario de organización José Víctor CamposGarzón destapa sobornos a Camps y una red de corrupción masiva en Madrid, El País, 6.03.2009 consultado o 25.09.2009, pero tamén outras figuras como a alcaldesa de Valencia Rita BarberáEl Bigotes afirma que hizo regalos a Barberá, El País, 19.07.2009, consultado o 25.09.2009. A fiscalía tentou probar a relación de causalidade entre estes dous feitos, para o que contou coa testemuña do xastre encargado de confeccionar eses traxes.

Ambos os políticos foron chamados a declarar como imputados. Porén, o Tribunal Superior de Xustiza de Valencia, presidido polo xuíz Juan Luis de la Rúa, amigo íntimo do acusado Francisco CampsCamps es íntimo amigo del presidente del tribunal que lo juzgará, Público, 7.03.2009, consultado o 25.09.2009, sobreseu o casoCamps sobrevive al 'caso Gürtel'... de momento, Público, 3.08.2009, consultado o 25.09.2009 ao entender que non se podía probar esa relación de causalidade entre os agasallos e a concesión de contratos. O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, apoiou publicamente a Camps e diversos cargos políticos do PP acusaron ao goberno socialista de conspirar para perseguir xudicialmente ao Partido PopularSáenz de Santamaría defiende presunción de inocencia de Camps y niega doble vara de medir con otros imputados, Europa Press, 14.05.2009, consultado o 25.09.2009. A fiscalía anticorrupciónLa Fiscalía recurre la causa archivada contra Camps, El Economista.es, 3.08.2009, consultado o 25.09.2009 presentou un recurso, polo que o caso está pendente de resolución no Tribunal Supremo.

Paralelamente, a policía investigou unha trama que vencellaba esas mesmas empresas coa tesourería do Partido Popular de Valencia, e onde se sinalaba a posibilidade de que esas empresas financiasen ilegalmente o PP. Nesa trama estarían implicados presuntamente o vicepresidente valenciano Vicente Rambla, o secretario xeral do PP valenciano, Ricardo Costa, o vicesecretario, David Serra, e a tesoureira do partido, Yolanda García SantosEl vicepresidente de Camps y la cúpula del PP valenciano dirigían la financiación ilegal, El País, 24.09.2009, consultado o 25.09.2009. O Tribunal Superior de Xustiza de Valencia non admitiu o informe policial porque non lle fora requirido nin había ningunha denuncia presentada pola fiscalía a ese respecto.

A póla do Supremo O 15 de xuño, o xuíz instrutor do caso no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid remitiuno ao Tribunal Supremo do Estado Español, ao apreciar indicios de delito na actuación dos parlamentarios populares Jesús Merino e Luis Bárcenas, este último tesoureiro do partidoO Caso Gürtel ao Tribunal Supremo, e que ao tempo ameaza con revelar información confidencial dos propios populares cando algunhas voces reclaman o seu cesamentoBárcenas di posuír documentos comprometedores do partido..

O 28 de xullo, Luis Bárcenas foi o primeiro dos imputados en presentar a súa dimisión, malia que afirmou que se trataba dunha saída temporal e consensuada co seu partido. Con todo, mantivo o seu escano de deputado. O 8 de abril de 2010 pediu a baixa como militante do Partido Popular.

A póla de Castela e León Segundo informacións do diario El País, un novo informe policial foi remitido ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid implicando a José Manuel Fernández Santiago, presidente do parlamento de Castela e León e ex conselleiro de Fomento, nunha adxudicación amañada con repartición de comisións ilegais, que ascenderían a 72.000 euros, repartidos entre diversos cargos do Partido PopularImplicación do goberno de Castela a Mancha Nova aparecida en Xornal de Galicia o 6 de outubro de 2009. .

Caso Gürtel en Galiza O caso Gürtel tamén botou raíces en Galiza, pois proporcionou cartos para a campaña electoral galega de 2005. O exsecretario xeral de organización do PPdeG, Pablo Crespo, é un dos imputados. Amais, no auto de Garzón figuran unha empresa con sede en Vigo e mais un alto cargo do PP da Deputación de Pontevedra, o exalcalde de Cangas de Morrazo José Enrique SoteloO auto do caso Gürtel implica a outra firma galega e mais a un alto cargo do PPdeG..

A Xunta de Manuel Fraga autorizou en abril de 2005 a construción da cementeira de Coirós, denominada Gallega de Molienda de Clinker e presidida por Ramón Blanco, citado a declarar por Baltasar Garzón e antigo socio de Pablo Crespo. Catro responsables da cementeira foron detidos en 2011 acusados de fraude fiscal pola Axencia TributariaDetenidos por fraude fiscal cuatro responsables de una cementera de Coirós. La Opinion, A Coruña.

Unha rede de arredor de vinte compañías con sede en Galiza, lideradas por Ramón Cerdá Sanjuan, acabadas de crear ou sen actividade, foi empregada por altos cargos do Partido Popular implicados no caso para lograren adxudicacións.

Juan Casares, ex deputado do PPdeG no parlamento galego, e José Enrique Sotelo, deputado provincial por Pontevedra e líder dos populares en Cangas de Morrazo, forman parte tamén da trama ao asinaren e seren responsábeis da teren certificado uns parquímetros inexistentes na vila de Cangas. Por outra banda, as empresas da familia de Casares recibiron un total de 19 millóns de euros en contratos da Xunta entre 2000 e 2005A familia de Casares obtén unha polémicas contratas públicas.

Segundo un informe policial do que se fixeron eco os medios no mes de setembro de 2009, máis do 52% dos gastos derivados do PPdeG nas contas das empresas relacionadas co caso Gürtel foi pactado en diñeiro negro entre os anos 1996 e 1999, sendo daquela Pablo Crespo o secretario de organización do partido'El Bigotes' exigió dinero negro a Mariano Rajoy Nova aparecida en Xornal.com o 27 de setembro de 2009.

Principais imputados ou relacionados Empresarios Francisco Correa, presidente da empresa Special Events. Álvaro Pérez Alonso (El Bigotes), presidente da empresa Orange Market. Acusado de suborno. Pablo Crespo, exsecretario de organización do PPdeG. Antoine Sánchez, curmán de Correa. José Luis Ulibarri, presidente do grupo Begar.

Políticos Francisco Camps, presidente da Generalitat Valenciana. Acusado de suborno. Sobresido o caso, e recorrido. Luis Bárcenas, tesoureiro do Partido Popular. Gerardo Galeote, eurodeputado do Partido Popular. Arturo González Panero, alcalde de Boadilla del Monte. Dimitido. Ginés López, alcalde de Arganda del Rey. Dimitido. Jesús Sepúlveda, alcalde de Pozuelo de Alarcón. Dimitido. Antigo home da vicesecretaria de Organización do PP e eurodeputada Ana Mato. Vicente Rambla, vicepresidente da Comunidade Valenciana. Alberto López Viejo, conselleiro de Deportes na Comunidade de Madrid e deputado na Asemblea de Madrid. Dimitido de conselleiro, conserva o escano. Clemente Aguado, ex viceconselleiro de Inmigración na Comunidade de Madrid. Imputado por fraude fiscal, suborno, prevaricación e tráfico de influencias. José Víctor Campos, ex conselleiro de Xustiza e ex vicepresidente da Comunidade Valenciana. Ricardo Costa, secretario xeral do PP de Valencia. David Serra, vicesecretario xeral do PP de Valencia. Yolanda García Santos, tesoureira do PP. Alfonso Bosch, deputado na Asemblea e Madrid e xerente da Empresa Municipal de Solo de Boadilla del Monte. Suspedido de militancia, continúa como deputado. Benjamín Martín Vasco, deputado na Asemblea de Madrid. José Galeote, concelleiro en Boadilla del Monte, e pai de Ricardo Galeote e Gerardo Galeote. Ricardo Galeote, concelleiro en Estepona. Guillermo Ortega, exalcalde de Majadahonda. Destituído dun posto xerencial no goberno de Madrid.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Corrupción política

Ligazóns externas

"El 'caso Gürtel', un punto de inflexión en la estrategia del PP" Público, 7/2/2009 Os principios detidos e os seus negocios El Mundo Gráfico cos imputados ordenados alfabeticamente Público Cronograma do Gürtel en Galiza

Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Corrupción Categoría:Casos xudiciais Categoría:2009