miniatura|Discoteca dereita|miniatura|Discoteca Onda en Ferrol.

Unha discoteca é unha sala de baile con música xeralmente non tocada en vivo, senón que provén de discos, que ás veces son mesturados por un disc jockey (DJ).

Historia e características A primeira discoteca do mundo foi o Scotch Club, na cidade alemá de Aquisgrán, que funcionou a partir de 1959. Nos anos sesenta, as discotecas fixéronse populares en toda Europa, e nos setenta tamén nos Estados Unidos, onde en consecuencia se desenvolveu a música disco.

Algunhas discotecas como o Studio 54 de Nova York fixéronse famosas pola súa música, o seu ambiente o pola asistencia de clientes famosos. Outras, como República Cromagnon de Buenos Aires ou Alcalá 20 de Madrid, apareceron nas novas por desastres agravados polo exceso de xente e as dificultades de evacuación.

Véxase tamén Outros artigos megatrón (efecto megatrón) Altofalante Foco (iluminación) Disc jockey ou DJ. Dance Bakalao Música electrónica Música disco Disco de vinilo Mákina Clangor

Categoría:Entretemento Categoría:Música Categoría:Edificacións comerciais