A corentena é un período de tempo no que se mantén privada de comunicación unha persoa ou animal para comprobar a posibilidade de enfermidade (ou evolución da mesma) para evitar contaxios. A palabra "corentena" orixínase na frase quaranta giorni ("corenta días"), o número de días que segundo a Biblia pasou Xesús Cristo no deserto, se ben pode ter outra duración, segundo a gravidade da doenza e o lugar.
Historia O xeito de illamento efectivo máis antigo é o que se sinala no Pentateuco (Biblia) hai máis de 3 400 anos. De alí seguiuse o consello, como no caso da lepra. Para evitar a propagación da enfermidade entre os antigos israelís baixo a lei de Moisés, as persoas infectadas foron separadas, como manifestan gravados no Antigo Testamento."Mais se a mancha na pel brillante fose branquiza, pero non aparece máis fonda có resto da pel, e o pelo non branquexou, o sacerdote fará illar o enfermo durante sete días. E examinarao o sacerdote no día sétimo; e se, ó seu parecer, remite a infección sen se estender pola pel adiante, hao recluír por outros sete días. Lev 13/2-5. A Biblia. Vigo:SEPT A partir dos séculos XIII e XIV tórnase máis común. A República de Venecia tomou o liderado en medidas sanitarias para controlar a propagación de pragas, nomeando tres gardiáns da saúde pública nos primeiros anos da Peste Negra (1348).
Na época actual, o temor á contaminación ó regreso da Lúa (contaminación interplanetaria) foi o principal motivo dos procedementos de corentena adoptados para o programa da primeira misión Apollo. Os astronautas e as mostras lunares puxéronse en corentena no Laboratorio de Recepción Lunar. Para as mostras dunha futura misión de retorno de Marte, existe o protocolo de corentena, que se levaría a cabo nun laboratorio de bioseguridade de nivel 4, coñecido como Mars Sample Return Receiving Facility (MSRRF).Mars Sample Return Receiving Facility. Ronald Atlas, Chair Planetary Protection Subcommittee, NASA.
O 14 de marzo de 2020 impúxose en España o estado de alarma pola pandemia da COVID-19, que implica unha corentena para a poboación.
Arte e cultura Destaca como feito na novela de José Saramago Ensaio sobre a cegueira, que logo se rodou como película co título Blindness, dirixida por Fernando Meirelles. Aparece tamén na novela de ciencia ficción Quarantine (1992) de Greg Egan, mestura de metafísica con física cuántica. A novela Inferno de Dan Brown (2013) refire no resumo a orixe da palabra: "O número corenta —quaranta en italiano— servía de sombría lembranza das orixes da palabra «corentena»."
Outros usos Por extensión, úsase en informática para a acción dos antivirus de denegar toda clase de permisos a un arquivo para evitar danos no ordenador pero sen borralo.
Tamén se lle chama "corentena" ó posparto ou puerperio.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Epidemias Categoría:Control de pragas Categoría:Saúde pública