1790 (MDCCXC) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos

4 de xaneiro, as provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia. Comezo do reinado de Leopoldo II, emperador romano-xermánico (ata 1792). O astrónomo británico William Herschel descobre a primeira nebulosa planetaria. O enxeñeiro inglés Edmund Cartwright construe unha máquina para carda-la lá. O enxeñeiro francés Claude Chappe inventa o seu telégrafo visual (semáforo).

Revolución francesa

15 de xaneiro, Creación dos departamentos franceses (seguindo un decreto do 22 de decembro de 1789), pola asemblea constituínte que define o plano e fixa o número en 83. 13 de febreiro, Supresión das ordes monásticas pola asemblea nacional. 22 de abril, A Constituínte repudia o dereito de conquista. En xuño, Aviñón reclama a súa reinserción en Francia. 12 de xullo, Voto da constitución civil do clero. 14 de xullo, Festa da federación en París. 22 de outubro, Adopción da bandeira tricolor por decisión da asemblea constituínte. 27 de novembro, O clero debe prestar preitesía. En novembro, a Constituínte faise coas posesións da alta nobreza, principalmente alemá. O Flandres francés é integrado no departamento do Norte. O doutor Joseph-Ignace Guillotin presenta á asemblea a guillotina. Reincorporación de Aviñón a Francia.

Nacementos 29 de marzo - John Tyler, presidente dos Estados Unidos. 30 de marzo - José María Chao Rodríguez, farmacéutico e político galego (m. 1858). 23 de maio - Jean-Jacques Pradier (James Pradier) escultor suízo. 21 de outubro - Alphonse de Lamartine, poeta francés. 23 de decembro - Jean-François Champollion, exiptólogo francés (m. 1832).

Mortes 17 de abril - Benjamin Franklin, diplomático e inventor. 17 de xullo - Adam Smith, economista. 2 de decembro - Pedro González de Ulloa, crego e ilustrado galego (n. 1714). 24 de decembro - Juan Francisco de Castro Fernández, sacerdote e avogado ilustrado galego (n. 1721).

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1790