1947 (MCMXLVII) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Foi o primeiro ano da Guerra Fría, que duraría até 1991, finalizando coa disolución da Unión Soviética.

Acontecementos Xaneiro - Péchase o último campo de concentración franquista en Miranda de Ebro 1 de xaneiro - Reino Unido, o Goberno laborista de Clement Attlee nacionaliza as minas de carbón. 14 de xaneiro - Fusilados no cemiterio de Carabanchel José Isasa Olaizola e José Antonio Llerandi Segura. 11 de febreiro - A guerrilla executa ao xefe de Falange de Ordes José Liñares Rama. 30 de marzo - Franco envía a Carrero Blanco a Estoril para someter, ó que posteriormente sería o rei Xoán Carlos I, o proxecto de Lei de Sucesión. 21 de abril - A Garda Civil mata no Fontao (Abellá, Frades) ao xefe da IV Agrupación guerrilleira, Manuel Ponte, e aos guerrilleiros Manuel Rodríguez Suárez e Manuel Díaz Pan. 6 de xullo - Apróbase por referendo, cun 93% de votos a favor, a Lei de Sucesión da Xefatura do Estado, que fai de España un reino. Arte e cultura miniatura|Primeira páxina do Libro de Actas do Padroado Rosalía de Castro, 1947. Anxo Romero Loxo (n. Rianxo en 1905, m. 1967 en Buenos Aires) compón en Buenos Aires a música da canción A Rianxeira dedicada a Castelao. O director cinematográfico Elia Kazan funda a escola de arte dramática Actor's Studio, en Nova York.

Nacementos 2 de xaneiro - Tereixa Navaza, xornalista galega. Elsa Baeza, cantante cubana 8 de xaneiro - David Bowie, cantante inglés. José Antonio Martínez Soler, xornalista español. 18 de xaneiro - Takeshi Kitano, actor e cineasta xaponés. 24 de xaneiro - Giorgio Chinaglia, futbolista italiano (m. 2012). Mercedes Sampietro, actriz española. 25 de xaneiro - Ángel Nieto, piloto de motociclismo español (m. 2017). 29 de xaneiro - Linda B. Buck, bióloga estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1 de febreiro - Francesc Bellmunt, cineasta español. 3 de febreiro - Paul Auster, escritor estadounidense (m. 2024) Soledad Puértolas, escritora española. 3 de febreiro - Maurizio Micheli, escritor italiano. 18 de febreiro - Amaya Uranga, cantante española. José Luis Cuerda, director, guionista e produtor de cine español (m. 2020). 22 de febreiro - Marcos Vizcaya, avogado e político vasco (m. 2025). 26 de febreiro - Sandie Shaw, cantante británica. 8 de marzo - Florentino Pérez, dirixente deportivo español, presidente do Real Madrid. Silvia Tortosa, actriz, presentadora, cantante e directora española. 13 de marzo - Dick Fosbury, campión de salto de altura nos Xogos Olímpicos México 1968 e creador do "Fosbury Flop". 15 de marzo - Ry Cooder, músico estadounidense. 19 de marzo: Glenn Close, actriz estadounidense. 25 de marzo - Elton John, cantante e músico británico. 31 de marzo - César Gaviria Trujillo, presidente de Colombia. 2 de abril - Camille Paglia, humanista estadounidense. 2 de abril - Paquita la del Barrio, cantante mexicana. 5 de abril - Gloria Macapagal-Arroyo, presidente de Filipinas. 12 de abril - Tom Clancy, escritor estadounidense. 13 de abril - Pepe Rei, xornalista e escritor galego. 16 de abril - Gerry Rafferty, músico británico. 18 de abril - Moses Blah, presidente de Liberia. 1 de maio - Marilar Aleixandre, bióloga e escritora galega. 12 de maio - Celso Bugallo, actor galego (m. 2025). 29 de maio - Agustín Fernández Paz, escritor galego (m. 2016). 5 de xuño - Laurie Anderson, música, poeta e artista experimental estadounidense. 16 de xuño - Fernando Ónega, periodista lucense. 19 de xuño - Salman Rushdie, escritor británico de orixe india. 20 de xullo - Carlos Santana, guitarrista mexicano. 20 de xullo - Gerd Binnig, físico alemán, Premio Nobel. 30 de xullo - Arnold Schwarzenegger, actor e político estadounidense. 10 de agosto - Ian Anderson, músico británico (Jethro Tull). 16 de agosto - Ephraïm Inoni, político camerunés. 24 de agosto - Paulo Coelho, novelista brasileiro. Andrés Lapique do Barro coñecido musicalmente como Andrés do Barro. 3 de setembro - Kjell Magne Bondevik, primeiro ministro de Noruega. 16 de setembro - Clodio González Pérez, etnógrafo e historiador galego. 21 de setembro - Stephen King, escritor estadounidense. 1 de outubro - Aaron Ciechanover, bioquímico israelí, Premio Nobel de Química. 26 de outubro - Hillary Rodham Clinton, senadora dos Estados Unidos. 27 de outubro - Xoán Rubia, músico galego. 27 de novembro - Ismail Omar Guelleh, presidente do Djibuti. 8 de decembro - Thomas Cech, químico estadounidense, Premio Nobel. 13 de decembro - Luis Ángel González Macchi, presidente de Paraguai. 14 de decembro - Dilma Rousseff, presidente do Brasil. 21 de decembro - Paco de Lucía, guitarrista español.

Mortes 6 de xaneiro - José Sánchez Anido, avogado e político galego. 13 de xaneiro - Manuel Castro Tellado, guerrilleiro antifranquista galego. 23 de xaneiro - José Calviño Domínguez, avogado e político galego. 27 de marzo - Antonio Noriega Varela, escritor galego (n. 1869). 21 de abril - Manuel Ponte, guerrilleiro galego. 21 de maio - Manuel Simón Campos Xanote, guerrilleiro antifranquista galego. 22 de maio - Avelino Rivas Pombo, guerrilleiro antifranquista galego. 4 de outubro - Max Planck, físico alemán, premio Nobel de Física en 1918. 2 de novembro - Casimiro Fernández Villagómez, xornalista e escritor galego (n. 1908). 30 de novembro - Ernst Lubitsch, director de cine estadounidense. 7 de decembro - Nicholas Murray Butler, pedagogo e filósofo estadounidense, premio Nobel da Paz en 1931 (n. 1862). 14 de decembro - Stanley Baldwin, primeiro ministro británico (n.1867).

19 de decembro - Segundo Vilaboy Martínez, guerrilleiro antifranquista galego. Leopoldo Basa Villadefrancos, xornalista e escritor galego (n. 1886). 22 de decembro - Fernando González Gómez, xornalista e político vasco (n. 1868). 28 de decembro - Vítor Manuel III, rei de Italia.

Premios Nobel Física: Edward Victor Appleton Química: Sir Robert Robinson Fisioloxía ou Medicina: Carl Cori, Gerty Cori e Bernardo Houssay Literatura: André Gide Paz: Friends Service Council e o American Friends Service Committee

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1947