A catarata, coñecida tamén de xeito popular como calixe ou belida, é unha enfermidade ocular que consiste na opacidad da lente ou da cápsula do cristalino do ollo, que impide o paso dos raios de luz. Chámase así a toda perda de transparencia do cristalino. Tamén é coñecida por facosclerose.
As cataratas avanzadas requiren unha intervención cirúrxica, xa que a perda progresiva de visión que xeran pode desembocar en cegueira. As cataratas son indoloras, e o seu principal síntoma é unha diminución da visión. Constitúen a principal causa de cegueira en todo o mundoKaufman, Paul L.; Alm, Albert (2004): Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica. Madrid: Elsevier Espanya. ISBN 84-8174-705-X., para o seu diagnóstico, adóitase empregar unha lámpada de hendidura, técnica usada para o exame das diferentes estruturas do ollo.
Notas
Categoría:Doenzas