Nikkō (日光市, にっこうし, Nikkō-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Kantō e ó noroeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 1.449,87 km² de superficie, unha poboación de 90.641 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 62,5 h/km².
O concello de Nikkō limita cos concellos de Kanuma, Utsunomiya, Shioya, Nasushiobara (que son da prefectura de Tochigi); de Katashina, Numata, Midori (que son da prefectura de Gunma); de Hinoemata e Minamiaizu (que son da prefectura de Fukushima).
Turismo e lugares de interese Templo xintoísta de Nikkō Tōshō-gū (日光東照宮) Lago Chūzenji-ko (中禅寺湖) Fervenza de Kegon (華厳の滝) Kinugawa Onsen (鬼怒川温泉)
Cidades irmandadas Palm Springs, California, Estados Unidos (1969). Hachiōji, prefectura de Tokyo, Xapón (1974). Kōra, prefectura de Shiga, Xapón (1977). Tomakomai, prefectura de Hokkaidō, Xapón (1982). Rapid City, Dacota do Sur, Estados Unidos (1993). Odawara, prefectura de Kanagawa, Xapón (2006).
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nikkō .
Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón