dereita|frame|Jalal Talabani Jalal Talabani ou Celal Talabanî (en kurdo latinizado), nado en 1933 e finado o 3 de outubro de 2017, foi o presidente de Iraq dende o 6 de abril de 2005 ata 2014. Tratouse do primeiro kurdo en ser elixido para a máxima maxistradura do país. Fundador e secretario xeral da Unión Patriótica do Kurdistán.

Categoría:Presidentes de Iraq Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Iraq