O Castro é un lugar da parroquia do Castro, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE en 2008 tiña 241 habitantes (113 homes e 128 mulleres), 20 menos ca en 2000. En 2018 eran 128, 59 homes e 69 mulleres, para o INE.
É a capital do concello.
Microtoponimia Algúns dos nomes dos eidos ou leiras do lugar son: Abileira, Agriño, Calvos Dabaixo, Canizos, Chousas Vellas, Codiseira, Cortiña Vella, Curuxa Dabaixo, Espiño, Fonsiúlo, Hortas da Eirexe, Lamas, Lousado Tras do Castro, Muíño do Medio, Nabeira da Casa, Or Dabaixo, Or Darriba, Pireira do Can, Portiño, Porto dos Prados, Prado da Fonte, Rebaixa, Rega das Moas, Revoltas, Su a Devesa, Su a Eira, Uceira, Viriña (Informantes: David Fraga Pérez e Noelia Fraga Rivera)
Lugares e parroquias Lugares do Castro
Parroquias de Dozón
Categoría:Lugares de Dozón