Dead Ringers é unha película dirixida polo canadense David Cronenberg, sendo unha adaptación do libro Twins de Bari Wood e Jack Geasland. Foi coproducida entre Canadá e os Estados Unidos. Na interpretación, a película está protagonizada por Jeremy Irons.

Sinopse O filme narra a historia de dous doutores en xinecoloxía xemelgos. Elliot e Beverly son distintos, mais complementarios, e necesítanse mutuamente. Dado a súa semellanza suplántanse en reunións, coas mulleres e van vivindo os dous a mesma vida. Aparece logo unha muller, a actriz (na ficción) Claire Niveau que trastornará a súa relación até acabar en traxedia.

Elenco Jeremy Irons — Beverly e Elliot Mantle. Geneviève Bujold — Claire Niveau. Heidi von Palleske — Cary. Barbara Gordon — Danuta. Shirley Douglas — Laura. Stephen Lack — Anders Wolleck. Nick Nichols — Leo. Lynne Cormack — Arlene. Damir Andrei — Birchall. Miriam Newhouse — Mrs. Bookman. Jill Hennessy — Mimsy. Jacqueline Hennessy — Coral.

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Cronenberg Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes sobre xemelgos