Sasayama (篠山市, ささやまし, Sasayama-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hyōgo. Está situado no centro da rexión de Kinki e no centro-leste da illa de Honshu e da prefectura, na zona da provincia histórica de Tanba. Ten 377,61 km² de superficie, unha poboación de 43.592 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 115 hab./km².

O concello de Sasayama limita cos concellos de Tanba, Nishiwaki, Katō, Sanda, Inagawa (que son da prefectura de Hyōgo); Fukuchiyama, Kyōtamba, Nantan (que son da prefectura de Kyoto); e Nose (este último é da prefectura de Osaca).

Historia A cidade de Sasayama foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Taki (Sasayama-chō, Konda-chō, Tannan-chō e Nishiki-chō) no ano 1999.

Cidades irmandadas Walla Walla (1972). Epidauro (1988).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sasayama .

Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'in