Odawara (小田原市, おだわらし, Odawara-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kanagawa. Está situada ao sur da rexión de Kanto e ao suroeste da prefectura, na zona de provincia histórica de Sagami, na parte leste da illa de Honshu. Ten 114,09 km² de superficie e unha poboación de 198.259 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.740 hab./km².

O concello de Odawara limita cos concellos de Manazuru, Yugawara, Hakone, Minamiashigara, Kaisei, Ōi, Nakai e Ninomiya.

Categoría:Prefectura de Kanagawa Categoría:Concellos do Xapón