Miyazaki (宮崎市, みやざきし, Miyazaki-shi) é un concello e cidade da prefectura de Miyazaki no Xapón, e capital da súa prefectura. Está situado na parte leste da rexión de Kyūshū e ao sueste da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 644,61 km² de superficie, unha poboación de 398.068 habitantes (2010) e unha densidade de poboación de 618 h/km².

O concello de Miyazaki limita cos concellos de Kiyotake, Nichinan, Mimata, Miyakonojō, Nojiri, Aya, Kunitomi, Saito e Shintomi.

Historia 1 de abril de 1924 - A cidade de Miyazaki foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas e un concello de aldea.

Universidades Universidade de Miyazaki (宮崎大学). Universidade municipal de Miyazaki (宮崎公立大学). Universidade prefectural de Miyazaki de Enfermería (宮崎県立看護大学).

Transporte Aeroporto de Miyazaki (宮崎空港) - O aeroporto de Miyazaki sitúase 5 km do centro da cidade, e hai servizo de tren. Aeroliñas e destinos Japan Airlines (日本航空, JAL) - Tokyo-Haneda, Ōsaka-Itami, Fukuoka. All Nippon Airways (全日空, ANA) - Tokyo-Haneda, Ōsaka-Itami, Nagoya-Chūbu. Japan Air Commuter (日本エアコミューター, JAC) - Ōsaka-Itami, Hiroshima Nishi, Fukuoka. Skynet Asia Airways (スカイネットアジア航空, SNA) - Tokyo-Haneda, Naha. Asiana Airlines (アシアナ航空, OZ) - Seúl-Inchon (Corea do Sur). China Airlines (中華航空, CI) - Taipei (Taiwán).

Cidades irmandadas Kashihara, prefectura de Nara, Xapón (1966). Virginia Beach, Virxinia, Estados Unidos (1992).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Miyazaki . Sitio web oficial da cidade de Miyazaki .

Categoría:Prefectura de Miyazaki Categoría:Concellos do Xapón