Bandō (坂東市, ばんどうし, Bandō-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro da rexión de Kanto e ó suroeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 123,18 km², a poboación é de 56 747 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 461 hab./km².
O concello de Bandō limita cos concellos de Sakai, Koga, Yachiyo, Jōsō (que son da prefectura de Ibaraki); e Noda (este último é da prefectura de Chiba).
Historia A cidade de Bandō foi fundada en 2005 pola fusión do concello da cidade de Iwai e o concello da vila de Sashima do distrito de Sashima.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Bandō .
Bando Bando