A cuarta tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 31 de xaneiro de 2008, concluíndo o 29 de maio de 2008 tras 14 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar máis de noventa días despois do accidente. Os produtores declararon que hai dous temas principais nesta temporada: un o dos naufragados e a súa relación coa cargueiro e a súa xente e outro que personaxes lograron abandonar a illa e porque queren volver a ela. Tralas críticas á terceira tempada está porén, foi aclamada pola crítica polos flashforwards, o ritmo e as novas personaxes.

A tempada estaba previsto nun principio que contivese dezaseis episodios, dos cales oito foron filmadas antes do comezo da folga de guionistas de 2007. Debido a isto anunciouse que a temporada só tería cinco episodios máis. Con todo, o guión desta parte eran tan largo que os executivos aprobaron rodar un décimo cuarto episodio. O DVD e Blue Ray saíron á venda nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2008 co título de Lost: The Complete Fourth Season – The Expanded Experience.

Resumo da tempada Despois de contactar co cargueiro, Locke dilles a todos que os do cargueiro non queren rescatarlles, mais como Jack di o contrario xorde a disputa e fórmanse dous grupos, o de John que vai aos barracóns dos Outros e o de Jack que se queda no campamento da praia.

Pouco despois deste acontecemento chega á illa un helicóptero procedente do cargueiro, que trae con sigo a Daniel Faraday, Miles Straume, Charlotte Lewis e ao piloto Frank Lapidus. John consegue reter a Miles e os do grupo de Jack quedan con Daniel e Charlotte, todo isto mentres Frank, o piloto, leva a Sayid e a Desmond ao cargueiro. No cargueiro hai un grupo de mercenarios que vai en busca de Ben, polo que ataca nos barracóns (onde se atopa preso polo grupo de Locke). Ao final da tempada, Michael, que estaba de incógnito no cargueiro, e Desmond dánse conta de que o cargueiro está cheo de explosivos que detonarán se Keamy, o líder dos mercenarios, morre.

Este vai en busca de Ben e entra na estación DHARMA onde se atopa con Locke para atraparlo, mais Ben, guiado pola furia o mata para vingarse del xa que este matara antes á súa "filla" Alex. Isto fai que explote o cargueiro matando presumiblemente a Michael, Jin e ao resto de xente que quedaba nel. Jack, Kate, Hurley, Sayid, Sun e Aaron, conseguen saír da illa converténdose así nos Seis de Oceanic, que xunto con Desmond e Frank (que pilota o helicóptero), atopan a Penny, logrando finalmente escapar da illa.

Elenco Protagonistas: Naveen Andrews é Sayid Jarrah Henry Ian Cusick é Desmond Hume Jeremy Davies é Daniel Faraday Emilie de Ravin é Claire Littleton Michael Emerson é Benjamin Linus Matthew Fox é Jack Shephard Jorge Garcia é Hugo "Hurley" Reyes Josh Holloway é James "Sawyer" Ford Daniel Dae Kim é Jin Kwon Yunjin Kim é Sun Kwon Ken Leung é Miles Straume Evangeline Lilly é Kate Austen Rebecca Mader é Charlotte Lewis Elizabeth Mitchell é Juliet Burke Terry O'Quinn é John Locke Harold Perrineau é Michael Dawson

Personaxes recorrentes: L. Scott Caldwell é Rose Henderson Sam Anderson é Bernard Nadler Malcolm David Kelley é Walt Lloyd Mira Furlan é Danielle Rousseau Tania Raymonde é Alexandra Rousseau Blake Bashoff é Karl Marsha Thomason é Naomi Dorrit Jeff Fahey é Frank Lapidus Lance Reddick é Matthew Abaddon Nestor Carbonell é Richard Alpert Kevin Durand é Martin Keamy Fisher Stevens é George Minkowski Zoë Bell é Regina Anthony Azizi é Omar Marc Vann é Doctor Ray Alan Dale é Charles Widmore John Terry é Christian Shephard Grant Bowler é Capitán Gault Sonya Walger é Penelope Widmore

Actuacións especiais: Cynthia Watros é Libby Dominic Monaghan é Charlie Pace

Recepción Esta tempada a diferenza da terceira foi aclamada unanimemente pola crítica como unha das mellores series do ano senón a mellor, debido á inclusión dos flashfowards, onde se ve o futuro das personaxes fora da illa e como procuran volver a ela, novas personaxes ben acollidas polo público en bo ritmo. Mais pese a esta mellora con respecto á anterior tempada en xeral os índices de audiencia víronse algo diminuídos. A tempada estreouse con 18 millóns de espectadores, mais diminuíndo pouco a pouco até o último capítulo,

Este último capítulo foi visto por 14 millóns, recuperando algo de audiencia perdida dos episodios intermedios. Porén, o presidente da ABC Stephen McPherson comentou que lle gustaría que a audiencia medrase máis, pero que os números que está a acadar están moi ben.

Lista de episodios # Título Director/esPersonaxe/s central/isData de emisiónCódigo

Categoría:Lost