Xosé Antón Núñez Álvarez, coñecido como Toño Núñez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio e, despois de traballar como mestre infantil durante máis de 20 anos, pasou a exercer como mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).
No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.
Foi compoñente do Conxunto Vocal Lugh e do Coro do Hospital, dirixidos por Fernando Gómez Jácome.
En 2018 estreou o proxecto A gotiña viaxeira, con Miguel Anxo Macía e Fran Muinelo.
Obra Literatura infantil O soño de Ánxela (1999). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Fernando López Juárez. 48 páxs. ISBN 9788440303943. O señor mago e a folla (2000). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Suso Cubeiro. 48 páxs. ISBN 9788440311030. Amores de gato e rato (2004). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Susanna Widmann López. 40 páxs. ISBN 9788484642367. As cores da vida (2005). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Laura Comesaña Vieitez. 25 páxs. ISBN 9788476805084. Macedonia de froitas (2005). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Laura Comesaña Vieitez. 26 páxs. ISBN 9788476805091. O pirata Metepata (2006). A Coruña: Baía. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 9788496526648. O monstro dos Ancares (2007). Vigo: Galaxia. 56 páxs. ISBN 978-84-7154-008-9. Mago Goma (2009) Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Adriá Fruitós. 40 páxs. ISBN 9788492608126. De como Chispo, o esquío, puido co frío (2014). Vigo: Galaxia. 36 páxs. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-9865-527-8. A gotiña viaxeira (2018). Silleda: Ed. Fervenza. Ilustracións de Miguel Anxo Macía. 32 páxs. ISBN 9788417094461. Ana e a lúa lueira (2021). A Coruña: Baía Ed. 38 páxs. ISBN 978-84-9995-366-3. Ilustracións de Noemí López. Música de Fernando Gómez Jácome.
Os Balbinos Con Carlos García Porral publicou en 2020 en Ed. Fervenza a colección Os Balbinos, en galego, castelán e inglés, con ilustracións de Gabril Iglesias Sanmartín:
Ruta da Prata, 100 páxs. ISBN 978-84-18136-08-5. Camiño Portugués, 108 páxs. ISBN 978-84-18136-50-4. Camiño Inglés, 100 páxs. ISBN 978-84-18136-51-1.
Narrativa Navia, nai (2006). Deputación de Lugo. 160 páxs. ISBN 978-84-8192-310-0. Mea culpa (2024). A Coruña: Medulia Ed. 226 páxs. ISBN 978-84-10324-08-4.
Poesía Poemas de Amor en Outono (2014). Sacauntos. ISBN 978-84-16121-43-4 (2ª 2016). Ed. revisada en 2020, Ed. Fervenza, ISBN 978-84-17094-99-7. En 2019 editouse o disco do libro homónimo Poemas de amor en outono, coa voz de Xoán Eiriz e a música de Nacho Varela, con dez poemas do autor.
Obras colectivas 1º Premio Buril das Letras Galegas (1986). Con Da morte e da vida, Relatos de verán (2002). La Voz de Galicia. Con Cereixas bravas. Cento sete marés (2003). Esmelgar, Arte e Comunicación. Lugo. Poema Radiografía. Relatos de verán (2004). La Voz de Galicia. Con A gata. Relatos de verán (2005). La Voz de Galicia. Con Desacougo. Dez anos, dez historias (2007). Librería Trama, Lugo. Con Volverei? Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo. on Rapsodia temporal. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011). Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar. Poemas Latexos de amor, desamor e desacougo. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015) Libro electrónico). Con Ai, Rosalía.
Premios Gañador do I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, (Burela, 1986) Accésit no IV Concurso de Contos Casa da Xuventude (Ourense, 1987) Mención Especial no Concurso literario Concello de Culleredo (1987) Mención de honor no Concurso literario da Asociación Meigas e Trasgos (apartado de prosa, 1987) Segundo Premio do IV Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2000) Segundo premio do V Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2001) 2º Premio de relato Revista A Pipa de Becerreá (2006) 1º Premio de poesía Revista A Pipa de Becerreá (2006) Accésit no Premio de relato Revista A Pipa de Becerreá (2008).
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega