Teramo é unha provincia da rexión dos Abruzos. A súa capital é a cidade de Téramo. A provincia ten unha área de 1.948 km², unha poboación de 313.029 (2012), e está subdividida en 47 concellos.
A provincia de Teramo está destinada á supresión e unificación coa provincia de L'Aquila. A decisión foi aprobada polo Consello de Ministros de 31 de outubro de 2012, como parte da reorganización do goberno local e o establecemento de cidades metropolitanas.
Turismo dereita|miniatura|250px|A cidade e fortaleza de Civitella del Tronto. As principais atraccións turísticas son: Atri, incluíndo un estraño fenómeno de erosión chamado "Bolge" e ver os tesouros do conde de Aquaviva. Civitella del Tronto - Fortaleza borbónica e vila circundante Téramo - catedral e museos Gran Sasso e o Parque Nacional Monti della Laga.
Do norte ao sur, as principais praias na costa adriática, chamadas as sete irmás, son as seguintes: Martinsicuro Alba Adriatica Tortoreto Giulianova Roseto degli Abruzzi Pineto Silvi Marina
Transporte miniatura|250px|Mapa da provincia de Téramo Principais autoestradas Á provincia de Teramo pódese chegar desde o norte e desde o sur pola autoestrada A14, que percorre a costa adriática. Desde o oeste chégase pola Autostrada A24 vindo de Roma vía L'Aquila.
Liñas de tren A estación ferroviaria central da provincia está localizada en Giulianova. De aquí é posible seguir a liña da costa cara ao norte e ao sur, ou viaxar en dirección ao oeste cara á capital provincial.
Portos marítimos O porto de Giulianova é a terminal marítima da provincia de Teramo.
Administración Desde 2009, o presidente da provincia vén sendo Valter Catarra, apoiado por unha coalición de partidos de centro-dereita; sucedendo a Ernino D'Agostino, do Partito Democrático. Comunas da provincia A provincia está dividida en 47 concellos. Concello Poboación (28-02-2011) Alba Adriatica 12.460 Ancarano 1.912 Arsita 890 Atri 11.225 Basciano 2.447 Bellante 7.181 Bisenti 1.948 Campli 7.524 Canzano 1.969 Castel Castagna 504 Castellalto 7.470 Castelli 1.250 Castiglione Messer Raimondo 2.391 Castilenti 1.582 Cellino Attanasio 2.660 Cermignano 1.787 Civitella del Tronto 5.422 Colledara 2.267 Colonnella 3.761 Controguerra 2.486 Corropoli 4.767 Cortino 708 Crognaleto 1.446 Fano Adriano 380 Giulianova 23.638 Isola del Gran Sasso d'Italia 4.971 Martinsicuro 17.031 Montefino 1.112 Montorio al Vomano 8.307 Morro d'Oro 3.708 Mosciano Sant'Angelo 9.238 Nereto 5.123 Notaresco 6.964 Penna Sant'Andrea 1.819 Pietracamela 307 Pineto 14.718 Rocca Santa Maria 590 Roseto degli Abruzzi 25.103 Sant'Egidio alla Vibrata 9.843 Sant'Omero 5.454 Silvi 15.799 Téramo 54.959 Torano Nuovo 1.692 Torricella Sicura 2.718 Tortoreto 10.287 Tossicia 1.459 Valle Castellana 1.034
Principais comuni As principais vilas e cidades da provincia, por poboación en 2005, son:
Téramo (52.794) Roseto degli Abruzzi (23.669) Giulianova (21.875) Silvi Marina (15.247) Martinsicuro (15.047) Pineto (13.763) Atri (11.269) Alba Adriatica (11.219) Sant'Egidio alla Vibrata (9.177) Mosciano Sant'Angelo (8.559) Tortoreto (8.536) Montorio al Vomano (8.072) Campli (7.598) Bellante (7.208).
Véxase tamén Concellos da provincia de Teramo Ligazóns externas Web oficial da provincia de Teramo Abruzzo 2000 - Información da provincia Web do Parque Nacional Gran Sasso
Teramo Teramo