Obaba é un filme dirixido por Montxo Armendáriz, baseado na novela Obabakoak de Bernardo Atxaga.
Sinopse Lourdes, con 23 anos, emprende unha viaxe cara aos territorios de Obaba. Na súa equipaxe leva unha pequena cámara de vídeo. Con ela quere capturar a realidade de Obaba, da súa contorna, da súa xente. Mais Obaba non é o lugar que Lourdes imaxinaba, e acaba descubrindo quen vive alí, como Merche, Ismael, ou Tomás, que están atrapados nun pasado do que non poden escapar.
Elenco Bárbara Lennie (Lourdes) Pilar López de Ayala (mestra) Eduard Fernández (Lucas) Juan Diego Botto (Miguel) Héctor Colomé (Ismael) Lluís Homar (Lucas adulto) Mercedes Sampietro (nai de Miguel) Txema Blasco (Tomás adulto) Peter Lohmeyer (enxeñeiro) Ryan Lee Cameron (Esteban)
Galardóns 1 Premio Goya ao Mellor son na 20ª edición. Tamén estivo nomeado a outros nove premios nesta edición. 1 proposta á Cuncha de Ouro. 5 propostas aos Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos. 1 proposta aos Premis Butaca de teatre i cinema de Catalunya. 1 proposta aos Premios Fotogramas de Prata no 2006. 2 premios na Entrega Anual de Premios ACE (2 propostas). 1 proposta aos Premios Unión de Actores no 2006.
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Montxo Armendáriz