Maibara (米原市, まいばらし, Maibara-shi) é un concello da prefectura de Shiga no Xapón. Está situado ao nordeste da prefectura e da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 250,46 km², a poboación é de 40.581 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 162 hab./km².

O concello de Maibara limita cos concellos de Nagahama, Hikone, Taga (que son da prefectura de Shiga), de Ibigawa, Sekigahara e Ōgaki (que son da prefectura de Gifu).

Historia A cidade de Maibara foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas do distrito de Sakata (Ibuki, Santō e Maihara) en 14 de febreiro de 2005.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Maibara .

Categoría:Prefectura de Shiga Categoría:Concellos do Xapón