O cantón de Xura (en francés: République et Canton du Jura, en arpitano: Rèpublica et Quenton du Jura, alemán: Republik und Kanton Jura, en italiano: Repubblica e Canton Giura, en romanche: Republica e Chantun Giura) é un cantón da confederación Suíza. É o máis moderno dos cantóns suízos, fundado en 1979 trala súa escisión do Cantón de Berna.

Xeografía O cantón de Xura atópase situado na parte noroccidental de Suíza. O territorio consiste maioritariamente na cordilleira do Xura na parte sur, e no altiplano de Jura na parte norte, onde se atopa a rexión de Ajoie.

Ao norte e oeste limita coa Francia, ao leste cos cantóns de Soleura e Basilea-Campo e ao sur cos de Berna e Neuchâtel. Os ríos Doubs e Birs bañan a rexión. O Doubs únese ao Saona para desembocar no Ródano, mentres que o Birs e tributario do Rin.

Historia Tratase do cantón suízo de fundación máis recente (1979). Separouse do cantón de Berna influído pola fenda lingüística, cultural e económica que existe entre ambas as comunidades. No Jura fálase francés, mentres que en Berna fálase alemán.

A capital e Delémont, cunha poboación aproximada duns 14.000 habitantes (agosto de 2004).

O Jura é un dos poucos cantóns suízos onde a maioría da poboación está a favor da integración de Suíza na Unión Europea.

O cantón é coñecido tamén pola antiga asociación de reloxeiros anarquistas, a Federación do Xura.

Institucións O poder lexislativo esta en mans do parlamento do Jura. Está formado por 60 membros (deputados) elixidos por escrutinio proporcional polos electores das tres circunscricións electorais. O parlamento é escollido cada catro anos.

O poder executivo é detentado polo Goberno do Jura, equivalente ao "Conseil d'État" (consello de estado) nos demais cantóns da Romandía (zona francófona). Está composto de 5 membros (ministros) elixidos por sufraxio maioritario.

Os partidos políticos actuais son: Parti démocrate-chrétien jurassien (PDC) democracia cristiá 19 deputados Parti socialiste jurassien (PSJ) socialismo, socialdemocracia 13 deputados Parti libéral radical jurassien (PLRJ) dereita, liberalismo 11 deputados Parti chrétien-social indépendant (PCSI) socialcristianismo, esquerda cristiá 9 deputados Parti ouvrier et populaire jurassien (POP) comunismo, esquerda radical 3 deputados Union démocratique du centre (UDC) extrema dereita, conservadorismo, populismo 3 deputados Les Verts jurassiens ecoloxismo, esquerda 2 deputados Combat socialiste (CS) esquerda radical Parti Radical Réformiste (PRR) centrismo Jeunesse socialiste et progressiste jurassienne (JSPJ) socialismo Union démocratique fédérale (UDF) conservadorismo, evanxelismo

Xura, Cantón de