O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.
É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.
Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co Sankt Gallen. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atraccións principais do cantón.
Historia En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantóns, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).
A constitución foi introducida en 1872.
Economía As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos financeiros, o turismo e a industria do metal.
Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr
Política Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminino no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón viuse obrigado a introducir o voto das mulleres.
200px|esquerda|miniatura|O cumio do Säntis no sur do cantón.
Municipios O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son: Appenzell Schwende Rüte Schlatt-Haslen Gonten Oberegg
Categoría:Cantóns de Suíza