Feixoo ou Feixó, é un apelido galego e portugués, amplamente distribuído por toda Galicia, pero que se concentra sobre todo nas comarcas da Limia e da Terra de Celanova, así como no Salnés.
En xaneiro de 2023 non había persoas en Galicia rexistradas co apelido Feixoo, ben sexa como primeiro ou segundo apelido,Apelido Feixoo na web do Instituto Galego de Estatística. mais si 7 rexistradas con Feixó.Apelido Feixó na web do Instituto Galego de Estatística. A forma castelanizada Feijoo é o apelido de 5.928 persoas.Apelido Feijoo na web do Instituto Galego de Estatística.
Etimoloxía O termo que deu orixe ao apelido en galego antigo: feijoo orixinouse do latín phaseolu (feixón), con troco de sufixo.FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.766 En galego actual deu: feixón ou feixó (en portugués: feijão).
Parece que a motivación que suscitou na época medieval o seu emprego como alcume procede do uso humorístico do nome deste legume co significado do substantivo calva. Sería, xa que logo, semanticamente equivalente do apelido Calvo, formado co correspondente adxectivo común. Este significado dedúcese dunha cantiga de escarnio de Afonso X onde aparece como sinónimo de "calvareça".
Contra o que moita xente pensa, o uso do grafema <g> e <j> para este apelido non é continuación da tradición medieval, posto que entre os séculos XVI e XVIII podemos atopar este apelido escrito indistintamente con <j> ou con <x>, coa mesma variabilidade e pouca regularidade que observamos nos topónimos. A grafía actual con <j> obedece á reforma da ortografía española de 1815.NAVAZA, G. A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos, Estudos de Lingüística Galega 4 (2012), páx. 183. http://ilg.usc.es/elg/volume/4/peneira/Peneira_Navaza_ELG04_2012.pdf As formas correctas en galego moderno son Feixoo (con mantemento arcaico da dupla grafía, como hai tamén noutros apelidos como Boo ou Saa), ou Feixó.
Persoeiros Gabriel Feijoo de Araújo, escritor galego (s. XVII); Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, polígrafo galego da Ilustración (1676-1764); Manuel María Puga Feijoo, (1807-1879); Eduarda Feijoo de Mendoza, ecritora galega (n. cara a 1849); Rodolfo Feijoo Pardiñas, xornalista e político galego (1852-1892); Perfecto Feijoo, farmacéutico, gaiteiro e musicólogo galego (1858-1935); Ambrosio Feijoo Pardiñas, militar galego (1861-1961); Felisindo Feijoo Blanco, político galego de comezos do s. XX; Urbano Feijoo Sotomayor, empresario e político galego (f. 1898); Arturo Souto Feijoo, pintor galego (1902-1964); Samuel Feijoo, pintor cubano (1914-1992); José Valado Feijoo, empresario galego (n. 1940); José Antonio Feijoo Alonso, empresario e político galego (n. 1950); Urbano Feijoo Sotomayor Ron, político e diplomático galego (f. 1959); Alberto Núñez Feijóo, político galego, presidente da Xunta de Galicia (n. 1961); Elias José Torres Feijó, filólogo docente e investigador galego (n. 1964); Pedro Feijoo, músico e escritor galego (n. 1975); Pablo Feijoo Ugalde, xogador de rugby vasco (n. 1982).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.
Categoría:Apelidos galegos