O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego creado en 1984.
Traxectoria Trala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, en 1984, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión EuropeístaOs partidos vascos irán ás eleccións europeas en coalición con cataláns e galegos, El País, 23 de abril de 1987., onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).
En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista.
Notas
Categoría:Partidos nacionalistas galegos Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia