Unnan (雲南市, うんなんし, Unnan-shi) é un concello da prefectura de Shimane no Xapón. Está situado ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Izumo e na parte de San'in, ao norte da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 553,37 km², a poboación é de 42.547 habitantes (2009), e ten unha densidade de poboación de 76,9 hab./km².
O concello de Unnan limita cos concellos de Iinan, Izumo, Hikawa, Matsue, Yasugi, Okuizumo (que son da prefectura de Shimane); e Shōbara (este último é da prefectura de Hiroshima).
Cidades irmandadas Richmond.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Unnan .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Shimane Categoría:Rexión de San'in