Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga (Asturias) en 1981, é unha escritora en lingua galega.

Traxectoria Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio Diadema de Ribadeo na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudos de posgrao en Xornalismo. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo.

A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College - University of London, Royal Academy of Music e a Open University, onde é profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.

Obra en galego Narrativa Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota (1997). Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-8489231528 O demo e o profundo mar azul (2002). Positivas. ISBN 978-8487783722 Singularis Domitilla (2004). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497502788 O país das bestas (2009). Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-8493660796 Organoloxía (2010). Positivas. ISBN 978-8492116201 A Veiga é como un tempo distinto (2011) Xerais. ISBN 978-84-9914-233-3 Foi traducida ao castelán e ao inglés. Para toda a vida (2020) Aira. 144 páxs. ISBN 978-84-121324-7-2. Rapazas de polar (2021). Morgante. ISBN 9788415166870. Hortensias, camelias, palmeiras (2025). Aira Ed. ISBN 9788412987911. Conventículo (2026). Aira Ed. 152 páxs. ISBN 979-13-991007-6-1.

Ensaio

Pagáns e pragmáticos. A vida no Reino Unido (2024). Morgante. 88 páxs. ISBN 978-84-19040-34-3.

Obras colectivas

Narradoras (2000). Xerais. Veas Verdes e catro contos máis (2001). Agrupación de Libreiros e Casa da Xuventude de Ourense. Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Manual para condutores con faros antinébo (2010). Xunta de Galicia. Letra en Obras (2011). Edición en libre descarga desde Internet.

Traducións Lisístrata, de Aristófanes (2001). Edicións Lea.

Outros textos Astolat (2002). Edición dixital. Nove haikus (2009). Edición dixital.

Obra en castelán Narrativa Mitología contemporánea (1999). Fundación Caixa Galicia.

Traducións Una noche prohibida de Jo Goodman (2008).

Obra en inglés

Investigación Inventing the Recording. The Phonograph and National Culture in Spain, 1877-1914 (2021, Oxford University Press).

Premios Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís, 1997 (en galego), por Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota, e 1999 (en castelán), por Mitología contemporánea. Accésit do premio Minerva de poesía, 1999. Ourense de Contos para a Mocidade, 2000, por Veas verdes. Historias na Universidade, da Universidade de Santiago de Compostela, 2003, por Singularis Domitilla. Finalista do premio Biblos-Pazos de Galicia, 2005. Finalista do premio de narrativa Manuel Murguía, 2009. Premio Narrativas Quentes no 2010, por Organoloxía. Certame Literario Terras de Melide, 2010, por A Veiga é como un tempo distinto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. «Non quería facer a novela por excelencia da rapa das bestas», entrevista en La Voz de Galicia, 4 de xuño de 2009.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Nados en 1981 Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua inglesa Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Escritores de literatura erótica