Cynthia Ann Stephanie Lauper, coñecida como Cyndi Lauper, nada en Brooklyn (Nova York) o 22 de xuño de 1953, é unha cantante, actriz, compositora e produtora estadounidense moi popular na década dos 80. Vendeu máis de 60 millóns de copias dos seus álbums en todo o mundo e foi a primeira cantante feminina en colocar 4 singles dun mesmo traballo no top 5 do Billboard americano.

Traxectoria Comezou a súa carreira artística coma cantante de diversas bandas pero posteriormente decidiu emprender unha carreira en solitario. Así, en 1983 lanzou o seu primeiro álbum titulado She's So Unusual, do que vendeu só nos Estados Unidos máis de 4,5 millóns de copias conseguindo asemade colocar catro dos temas deste traballo no top 5 do Billboard americano: Girls Just Want to Have Fun, Time After Time, She Bop e All Through The Night. Nesta mesma época foi contratada para interpretar o tema principal da película The Goonies (1985), producida por Steven Spielberg.

En 1986 publicou o seu segundo traballo, True Colors, co que obtivo un nomeamento aos Grammy polo tema que dá nome ao disco. O seu terceiro álbum, A Night To Remember (1989), incluía o tema I Drove All Night, polo que acadou outro nomeamento aos premios Grammy dese ano, e que posteriormente sería versionado por Roy Orbison e Céline Dion

En 1990 participou no concerto The Wall in Berlin, celebrado a raíz da caída do muro. Tamén tomou parte nunha homenaxe realizada a John Lennon en Londres por petición da súa viúva, Yoko Ono. No ano 1993 publica o álbum Hat Full of Stars, que sería o máis aclamado pola crítica. En 1994, edita un recompilatorio de éxitos, "Twelve deadly cyns... and then some", no que o tema Hey now é unha versión reggae do seu éxito Girls just wanna have fun.

Posteriormente editaría outros traballos coma Sisters of Avalon (1996), composto integramente por ela; Merry Christmas... have a nive life (1997), un traballo natalicio con cancións tradicionais e temas novos; Shine (2001), que só se editou no Xapón; At last (2004), unha homenaxe aos grandes da música americana; The Body Acoustic (2005), no que reinventa os seus temas máis coñecidos xunto a outros artistas; e Bring Ya To The Brink (2008), con doce temas de baile inéditos, Memphis Blues(2010) con música do xénero blues.

Traballos Discografía She's So Unusual (1983) True Colors (1986) A Night to Remember (1989) Hat Full of Stars (1993) Twelve Deadly Cyns... and Then Some (1994) Sisters of Avalon (1997) Merry Christmas... Have a Nice Life (1998) Shine (2001) The Essential Cyndi Lauper (2003) At Last (2004) The Body Acoustic (2005) Bring Ya To The Brink (2008) Memphis Blues(2010)

DVD Cyndi Lauper in Paris (1987) Twelve Deadly Cyns... And Then Some (1995) Live At Last (2004)

Filmes Vibes: The Secret of the Golden Pyramids (1988) O tesouro escondido (1990) Give me a break (1993) Mrs. Parker and the Vicious Circle (1994) The opportunists (2000)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da cantante

Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1953 Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá