Chūō (中央市, ちゅうおうし, Chūō-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e no centro da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 31,81 km², a poboación é de 31.537 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 991 h/km².

O concello de Chūō limita cos concellos de Minamiarupusu, Ichikawamisato, Kōfu e Shōwa.

Historia A cidade de Chūō foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas do distrito de Nakakoma (Tamaho e Tatomi) e un concello de vila do distrito de Higashiyatsushiro (Toyotomi) en 20 de febreiro de 2006.

Universidades Universidade de Yamanashi (山梨大学). Facultade de Medicina.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Chūō . Sitio web oficial da cidade de Chūō e .

Categoría:Prefectura de Yamanashi Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón