Saxo Grammaticus, nado en Selandia aproximadamente entre o 1150 e o 1220, foi un historiador medieval dinamarqués de cuxa vida apenas hai datos. Atribúenselle os dezaseis libros de historia dinamarquesa da súa época, englobados baixo o título Gesta Danorum.
Gesta Danorum No prefacio de Gesta Danorum relata que o seu pai e avó serviron baixo o rei Valdemar I de Dinamarca, como guerreiros, e que el mesmo serviría a Valdemar II de Dinamarca, dun modo máis espiritual. O seu elegante latín e os seus coñecementos sobre a Antiga Roma, presentes fan supoñer que recibiu a súa educación fóra de Dinamarca, quizais nalgunha das grandes escolas eclesiásticas de Francia.
Probablemente foi a súa versión da saga do príncipe dinamarqués Amled a que inspirou a Shakespeare para o seu Hamlet.miniatura|Fragmento da Gesta Danorum.|centro Véxase tamén Ligazóns externas Versión en inglés dos libros I ao IX: Biblioteca clásica e medieval online Versión en latín dos libros I ao XVI Biblioteca Real de Dinamarca
Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Historiadores de Dinamarca