Sanuki (さぬき市, さぬきし, Sanuki-shi) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Shikoku e ao leste da prefectura, na illa de Shikoku. A súa superficie é de 158,90 km², a poboación é de 54.079 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 340 h/km².
O concello de Sanuki limita pola terra cos concellos de Takamatsu, Miki, Higashikagawa (que son da prefectura de Kagawa); Mima, Awa (que son da prefectura de Tokushima), e polo mar co concello de Shōdoshima (este último é da prefectura de Kagawa).
Historia A cidade de Sanuki foi fundada pola fusión de 5 concellos do distrito de Ōkawa (Tsuda-chou, Ōkawa-chou, Shido-chou, Sangawa-chou e Nagao-chou) no ano 2002.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sanuki .
Categoría:Prefectura de Kagawa Categoría:Concellos do Xapón