A PO-308 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e A Lanzada (O Grove); atravesa os concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove. Ten unha lonxitude de 28,48 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-531 no oeste de Pontevedra finaliza nun cruzamento coa PO-550 na Lanzada (O Grove). Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Percorrido

Pasa por Combarro, Raxó, Areas, Sanxenxo, Portonovo e Noalla, e durante todo o ano hai bastante tráfico dende Pontevedra ata San Xoán de Poio e a VG-4.8.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Pontevedra Categoría:Poio Categoría:Sanxenxo Categoría:O Grove