Combarro é un lugar da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.251 habitantes (607 homes e 644 mulleres).
É o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. É famoso tamén polos seus hórreos, á beira do mar.
Comunicacións A principal estrada para chegar a Combarro é a PO-308, que bordea a costa norte da ría. Atópase preto de Poio, Sanxenxo ou Pontevedra
Economía O sector turístico e comercial é o máis importante. Ten numerosos restaurantes, marisquerías e tendas no núcleo histórico. Tamén é importante o sector pesqueiro, co porto de Combarro. O sector secundario é case inexistente e poucas persoas traballan no sector primario, dado o ambiente urbano da vila.
Conxunto histórico artístico Hai un catálogo dixital aberto do conxunto artístico de Combarro.
Lugares e parroquias Lugares de Combarro
Parroquias de Poio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Poio
Categoría:Lugares de Poio Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra