Cintruénigo é un concello de Navarra situada no meiriñado de Tudela, a 99 km de Pamplona. Esta bañado polas augas do río Alhama e limita cos termos municipais de Corella, Fitero e Tudela.
Xeografía Barrios Nesta localidade hai varios barrios que foron evolucionando co tempo. Desde a zona vella, onde se sitúan o concello e a igrexa, a localidade foise estendendo. Cara ao norte, indo pola antiga estrada de Pamplona, as adegas de Julián Chivite e Cirbonera levaron a formar un barrio denominado La Jamaica, formado por varias rúas de vivendas unifamiliares; actualmente, esta zona está en grande expansión. Subindo cara á estrada de Madrid atópase o barrio de Corella, case ao final da vila.
Localidades limítrofes Corella Fitero Tudela
Agricultura Como produtos típicos atopamos produtos de horta como o espárrago, ou a alcachofa de penca (variedade distinta da alcachofa típica).
O cultivo da vide é de grande importancia cultural e económica na cidade e posúe varias adegas que como a de Julián Chivite Marco, de prestixio internacional.
A oliveira e o seu aceite virxe de gran calidade.
Industria A principal industria cirbonera é o Alabastro, actividade que na actualidade está reducindo a súa importancia debido á competencia da China
Administración + Lista de alcaldes 2007 - Adolfo Navascués PSN 1995 - 2007 Faustino León Chivite UPN 1987 - 1995 Carlos Chivite Cornago PSN 1985 - 1987 Jose Luís Pérez Garbayo 1984 - 1985 Cecilio Fernández Recuncho 1979 - 1984 Daniel Martín Martínez 1976 - 1979 Angel Chivite Moreno 1959 - 1976 José Recuncho Bea 1955 - 1959 Emilio Marín Calavia 1939 - 1948 Enrique Latillade Aisa 1936 - 1939 Primitivo Igea Lauroba 1936 - 1936 Jose Ortega Ucedo 1933 - 1936 Faustino León Arroio 1930 - 1933 Victoriano Navascués Chivite 1923 - 1927 Leopoldo Sada Marín 1922 - 1923 Victoriano Navascués Chivite 1916 - 1920 Serafín Garbayo Navascués 1906 - 1909 Rafael Chivite Tainta 1904 - 1905 Galo Recuncho Pérez
Demografía
Monumentos Igrexa San Juan Bautista, Ermida da Purísima (primeira ermida dedicada á Purísima en España)
Gastronomía Son pratos típicos de Cintruénigo: Espárragos con ovos escalfados Faragullas doces Fabas pochas Cardo branco en ensalada Soaxe con patacas
Festas 24 de xaneiro: Festa da Virxe da Paz. 3 de maio: Procesión dos Ballesteros da Santa Cruz. 24 de xuño: San Juan. Comida no río. Do 7 ao 13 de setembro. Festas patronais en honra da Virxe da Paz. 1 de maio: Festas da mocidade
Véxase tamén Outros artigos Navarra Lista de concellos de Navarra Ribeira Navarra
Categoría:Concellos de Navarra