Owase (尾鷲市, おわせし, Owase-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado no centro-leste da prefectura, na parte sur da península de Shima, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 193,16 km², a poboación é de 20.628 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 107 h/km².
O concello de Owase limita cos concellos de Kumano, Kihoku (que son da prefectura de Mie); e Kamikitayama (este último é da prefectura de Nara).
Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón