A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas 24 edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con 10 títulos conseguidos e o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con seis títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.

Historia Antes de que a CONCACAF se conformara en 1961 o fútbol na rexión estaba dividido en asociacións rexionais máis pequenas. Entre estas destacaban dúas: a Confederación Centroamericana e do Caribe de Fútbol (CCCF) fundada en 1938 e a North American Football Confederation (NAFC) fundada en 1946 (EUA, México, Canadá e Cuba). Cada confederación mantiña o seu propio torneo, a CCCF organizou dez edicións da Copa da CCCF entre 1941 e 1961 (dos que Costa Rica gañou sete e O Salvador, Panamá e Haití un cada un) e a NAFC dúas edicións da súa Copa da NAFC gañadas por México en 1947 e 1949.

Desde a conformación da CONCACAF aínda pasaron dous anos até a organización dun campionato de seleccións no que competisen todas as federacións nacionais, O primeiro campionato celebrado no Salvador en 1963 levou por nome Campionato de nacións da CONCACAF e celebrouse a partir de aí cada dous anos até 1971.

A partir de entón non houbo formalmente ningún campionato que establecese que selección era a dominadora do continente. Aquel equipo que conseguía o mellor posto nas clasificación para o mundial de fútbol pasaba a ser considerado coma o mellor da Confederación.

En 1990 a CONCACAF decidiu crear novamente un torneo como principal evento da Confederación para coroar á mellor das súas seleccións nacionais. Nacía a Copa Ouro da CONCACAF cuxa primeira edición tivo lugar nos Estados Unidos en 1991. O torneo, no que participaban oito equipos, foi gañado polos anfitrións. México converteuse nos anos 90 no dominador do torneo con tres títulos consecutivos en 1993, 1996 e 1998. Na edición de 1996 a Copa Ouro convidou a participar por primeira vez a un equipo doutra Confederación, os naquel intre vixentes campións do mundo, Brasil.

Coa edición de 2000 o torneo pasou a estar disputado por doce equipos e o Canadá conseguiu o seu único título. Desde a creación do torneo o título foi gañado en catro ocasións por México e os Estados Unidos e só un equipo máis, Canadá, conseguiu gañar outro título.

Clasificación

Zona de América do Norte: clasifícanse automaticamente tres equipos.

Zona Centroamericana: clasifícanse os equipos que quedaron entre os catro primeiros da Copa de Naciones UNCAF.

Zona do Caribe: clasifícanse os equipos que quedaron entre os catro primeiros da Copa do Caribe da CFU.

Play-off Zona do Caribe x Zona Centroamericana: compiten os equipos que quedaron na quinta posición na zona do Caribe e Centroamericana, e o gañador pasa á Copa Ouro da CONCACAF.

Resultados do torneo Campionato de nacións da CONCACAFAnoAnfitriónClasificación finalGañadorFinalista3º posto4º posto1963 1965 1967 1969 1971 1973 (1) 1977 (1) 1981 (1) 1985 (1) Sen sede1989 (1) Sen sede Copa Ouro da CONCACAFAno AnfitriónFinal Partido 3º-4º postoGañadorResultado Finalista 3ºpostoResultado 4º posto 1991 0–0 Prórroga(4-3 pen)2–01993 & 4–0 1-1 Prórroga(2)1996 2–03–01998 1-01-02000 2–0n/a (3) 2002 2–02–12003 & 1-0gol de ouro3–22005 0–0 Prórroga(3-1 pen)n/a (3) 2007 2–1n/a (3) 2009

(Equipos convidados en cursiva) 1 Non se disputou formalmente torneo. O campión na clasificación para o Mundial era considerado o campión da CONCACAF. 2 Costa Rica e Xamaica remataron empatados a 1 logo da prórroga e compartiron a terceira praza. 3 Non houvo partido polo terceiro e cuarto posto polo que a cuarta praza foi compartida

pen - quenda de penaltis.

Resultados acumulados A seguinte táboa compila os resultados obtidos polas diferentes seleccións nos torneos rexionais da Confederación. En itálico destácanse os títulos obtidos antes de ser establecida a Copa Ouro.

SelecciónsTítulosFinalista3º posto4º posto10 (1965, 1971, 1977*, 1993*, 1996, 1998, 2003*, 2009, 2011, 2015)2 (1967, 2007)3 (1973, 1981, 1991, 2013, 2017)1 (1969) 4 (1991*, 2002*, 2005*, 2007*, 2013*, 2017*)3 (1989, 1993*, 1998*, 2009*, 2011*)2 (1996*, 2003*) 1 (2015*)3 (1963, 1969*, 1989)1 (2002)4 (1965, 1971, 1985, 1993)2 (1991, 2003, 2009, 2017)2 (1985, 2000) -2 (2002, 2007)2 (1977, 1981)1 (1981*)2 (1985, 1991)2 (1967*, 2005, 2009)2 (1963, 1973, 2011, 2013)1 (1967)2 (1965*, 1969) -2 (1989, 1996)1 (1973*)2 (1971, 1977) - - -2 (1963*, 1981)1 (1977)2 (1965, 1985)** -2 (1996, 2003)1 (1998) - -1 (1973)2 (1989, 2000)1 (1967)** -1 (2000)1 (2005) - -1 (2005, 2013) 2 (2011, 2015) - - -2 (1963, 1969) - - 2 (2015, 2017)1 (1993)1 (1998) - -1 (2007) -** - -1 (2000) -** - - -1 (2002) - - -1 (1971)

* Anfitrións ** Equipos convidados

Máximos goleadores AnoXogadorGoles1963?1965?1967?1969 Cesar Amando Melgar Marco Fión Victor Manuel Ruiz31971?1973 Steve David71977 Víctor Rangel61981 Hugo Sánchez31985 Roberto Figueroa51989 Raúl Chacón Julio Rodas Evaristo Coronado Juan Arnoldo Cayasso Leonidas Flores Leonson Lewis Kerry Jamerson Philibert Jones21991 Benjamin Galindo41993 Zaguinho121996 Eric Wynalda41998 Paulo Wanchope Luis Hernández42000 Carlo Corazzin42002 Brian McBride42003 Walter Centeno Landon Donovan42005 DaMarcus Beasley Landon Donovan Carlos Ruiz Wilmer Velasquez Luis Tejada32007 Carlos Pavón52009 Miguel Sabah342011 Javier Hernández372013 Landon Donovan

Chris Wondolowski

Gabriel Torres352015 Clint Dempsey372017 Kévin Parsemain

Alphonso Davies

Jordan Morris33 En itálico torneos anteriores á Copa Ouro

Participacións no torneo ParticipaciónsPaísNa Copa OuroNoutros torneos 17 98 15 78 14 8866 13 76 11 589632 10 37 8 62 7 52 4 3014 3 ** 333000 2 * 102220 1 *** 1111100000 * Seleccións convidadas ao torneo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Copa Ouro Información da CONCACAF sobre a Copa A copa Ouro no RSSSF Copa Ouro e demais copas da CONCACAF no arquivo do RSSSF

Categoría:Copa de Ouro da CONCACAF