miniatura|Cariotipo diploide humano masculino con 46 cromosomas (o cromosoma mitocondrial non se mostra).Non hai que confundir o cariotipo co xenoma, xa que o xenoma é o conxunto da información xenética, non o conxunto de cromosomas.

Na moderna bioloxía molecular e na xenética, dáse o nome de xenoma (pronunciado / ʃenóma /, do grego γένος, genos, 'raza', 'que xera'), ou ADN nuclear (ADNn), ao conxunto completo de toda a información hereditaria dun organismo ou especie con todos os seus xenes e outros elementos non codificantesRidley, M. (2006). Genome. New York, NY: Harper Perennial. ISBN 0-06-019497-9.

Normalmente está codificado no ADN, pero en certos tipos de virus no ARN.

Conceptos básicos

A introdución do termo xenoma fíxoa en 1920 Hans Winkler, profesor de botánica da Universidade de Hamburgo, Alemaña, tomando a raíz da palabra xene e a terminación -oma que aparece noutras palabras como cromosoma ou bioma.

O estudo das propiedades globais dos xenomas de organismos relacionados denomínase xenómica, que se distingue da xenética, que xeralmente estuda as propiedades dun determinado xene ou grupo de xenes.

O termo xenoma pode aplicarse especificamente co significado de xenes e elementos xenéticos que se encontran nos cromosomas nucleares (no caso dos eucariotas) polo que equivale a "xenoma nuclear" (de aí o sinónimo moitas veces empreagado de ADN nuclear). Pero pode aplicarse tamén ao xenoma contido dentro de orgánulos con ADN propio como as mitocondrias e cloroplastos, o que sería o "xenoma mitocondrial" ou "xenoma do cloroplasto".

Nos procariotas, como as bacterias, ademais do xenoma contido no seu cromosoma único adoitan ter outros ADNs extracromosómicos adicionais, como poden ser, por exemplo, plásmidos e virus integrados, que moitas veces se secuencian tamén e estes datos inclúense nos dos seus xenomas.

Cando se secuencia o xenoma dos organismos eucariotas diploides (ou tamén poliploides) con reprodución sexual, o que se determina é a secuencia dun conxunto completo haploide de cromosomas de modo que inclúa todos os autosomas e os dous cromosomas sexuais. Para facer a secuenciación do xenoma xeralmente tómanse e analízanse mostras de varios individuos.

O xenoma humano consta de 3 200 millóns de pares de bases e de 20 000 a 25 000 xenes e miles doutros elementos xenéticos como pseudoxenes, transposóns, HERVs, ADN satélite etc.

miniatura|centro|600px|Relacións do xenoma

Secuenciación e mapado

En 1976, Walter Fiers na Universidade de Gante (Bélxica) foi o primeiro que estableceu a secuencia nucleotídica completa dun xenoma, que era o pequeno xenoma de ARN do virus bacteriófago MS2. O seguinte ano, Fred Sanger completou o do fago ΦX174, de só 5386 pares de bases, que foi o primeiro xenoma de ADN secuenciado. As primeiras secuencias xenómicas completas con representantes dos 3 dominios da vida foron realizadas a mediados da década de 1990. O primeiro xenoma bacteriano secuenciado foi o de Haemophilus influenzae, en 1995 polo Institute for Genomic Research. Poucos meses despois, un equipo con dirección europea, que levaba traballando desde mediados da década de 1980, completou o primeiro xenoma eucariótico, de 16 cromosomas do lévedo Saccharomyces cerevisiae. Pouco despois, en 1996, rematouse a primeira secuencia xenómica dunha arquea, Methanococcus jannaschii, outrra vez polo Institute for Genomic Research.

O desenvolvemento de novas tecnoloxías fixo moitísimo máis fácil, rápido e barato a secuenciación de xenomas, e o número de secuencias xenómicas completas está a crecer rapidamente. Os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos manteñen unha das varias bases de datos que hai con información xenómica. Entre os miles de proxectos de secuenciación de xenomas completados están o do xenoma do rato, arroz, a planta Arabidopsis thaliana, o peixe globo, e a bacteria Esherichia coli.

As novas tecnoloxías de secuenciación, como a secuenciación paralela masiva abren a posibilidade non xa de secuenciar os xenomas de especies senón de secuenciar os xenomas persoais de individuos como ferramenta de diagnóstico, como propón Manteia Predictive Medicine. Un paso importante cara a ese obxectivo foi completar en 2007 o xenoma completo do científico James D. Watson, un dos codescubridores da estrutura do ADN.

A secuenciación dun xenoma determina a orde en que están situadas as bases do ADN no xenoma, pero despois hai que facr o mapado, que identifica a situación dos puntos de referencia principais do xenoma. Un mapa xenómico é menos detallado que a secuencia xenómica pero axuda á navegación polo xenoma. O Proxecto Xenoma Humano tivo cmo obxectivo mapar e secuenciar o xenoma humano. Un paso fundamental neste proxecto foi a publicación primeiro dun mapa xenómico detallado por Jean Weissenbach e o seu equipo de Genoscope de París.

Composición do xenoma A composición do xenoma describe a composición dos contidos do xenoma haploide, o que inclúe o tamaño do xenoma, e as proporcións de ADN non repetitivo e repetitivo que presenta en detalle. Comparando as composicións de distintos xenomas, os científicos poden comprender mellor a historia evolutiva dun xenoma dado.

Cando se fala sobre a composición dun xenoma, debe distinguirse entre procariotas e eucariotas pola gran diferenza de contido e estrutura que teñen. Nos procariotas, a maior parte do xenoma (85-90%) é ADN non repetitivo, o cal quere dicir que está formado principalmente por ADN codificante, mentres que as rexións non codificantes ocupan só unha pequena parte. Polo contrario, os eucariotas presentan unha organizaciòn xenómica con intróns e exóns nos xenes que codifican proteínas; a variación do contido en ADN repetitivo en eucariotas é ademais extremadamente alta. De feito, nos mamíferos e plantas a maior parte do xenoma está composto por ADN repetitivo. miniatura|Gráfico con escalas logarítmicas do número total de proteínas anotadas en xenomas incluídos en GenBank en función do tamaño xenómico. A maioría das entidades biolóxicas que son máis complexas que os virus levan material xenético adicional ademais do que forma os seus cromosomas (plásmidos, ADN mitocondrial). Nalgúns contextos como a secuenciación de xenomas de microbios patóxenos, enténdese que o "xenoma" inclúe tamén ese material xenético adicional, como o dos plásmidos.

Nos eucariotas "xenoma" xeralmente se refire á información contida nos cromosomas do núcleo celular, sen incluír o ADN de mitocondrias e cloroplastos. O ADN mitocondrial forma o "xenoma mitocondrial", e o ADN cloroplástico denomínase "plastoma".

Tamaño do xenoma

O tamaño xenómico é o número total de pares de bases de ADN nunha copia dun xenoma haploide. O tamaño do xenoma está correlacionado positivamente coa complexidade morfolóxica que presentan os procariotas e os eucariotas inferiores; porén, na maioría dos eucariotas superiores esta correlación xa non existe. Este fenómeno indica a enorme influencia que ten o ADN repetitivo nos xenomas dos eucariotas superiores.

Estanse a facer traballos experimentais sobre xenomas mínimos, é dicir, co número mínimo de xenes con que un organismo pode sobrevivir, en organismos unicelulares e en xenomas animais. O traballo pode facerse in vivo e in silico (informaticamente). En Mycoplasma genitalium, unha bacteria cun xenoma mínimo, atopouse que dos seus 482 xenes codificantes de proteínas, polo menos 382 eran esenciais para a supervivencia.

Tipo de organismoOrganismoTamaño do xenoma (pares de bases)NotaVirusCircovirus porcino tipo 11.7591,8kb Virus máis pequeno que se replica autonomamente en células eucarióticas.VirusBacteriófago MS23.5693,5kb primeiro xenoma de ARN secuenciadoVirusSV405.2245,2kbVirusFago ΦX1745.3865,4kbPrimeiro xenoma de ADN secuenciadoVirusVIH9.7499,7kbVirusFago λ48.50248kbUtilizado a miúdo como vector para a clonación de ADN recombinante.VirusMegavirus1.259.1971,3MbO maior xenoma viral coñecido.BacteriaHaemophilus influenzae 1.830.0001,8MbPrimeiro xenoma secuenciado dun organismo celular, xullo de 1995BacteriaCarsonella ruddii159.662160kbO xenoma non viral máis pequeno.BacteriaBuchnera aphidicola600.000600kbBacteriaWigglesworthia glossinidia700.000700KbBacteriaEscherichia coli4.600.0004,6Mb BacteriaSolibacter usitatus (cepa Ellin 6076)9.970.00010MbAmebaPolychaos dubium ("Amoeba" dubia)670.000.000.000670GbO xenoma máis grande coñecido. (pero estes datos son antigos e discutidos ScienceShot: Biggest Genome Ever , comentario: "A medida [do xenoma] de Amoeba dubia e outros protozoos do que se informou que teñen xenomas moi grandes fixéronse na década de 1960 utilizando unha aproximación bioquímica moi basta, que se considera hoxe en día un método pouco fiable para determinacións precisas dos tamaños xenómicos.")PlantaArabidopsis thaliana157.000.000157MbPrimeiro xenoma de planta secuenciado, decembro de 2000.PlantaGenlisea margaretae63.400.00063MbXenoma máis pequeno coñecido de planta con flor, 2006.PlantaFritillaria assyrica130.000.000.000130GbPlantaPopulus trichocarpa480.000.000480MbPrimeiro xenoma de árbore secuenciado, setembro de 2006PlantaParis japonica 150.000.000.000150GbO xenoma de planta máis grande coñecidoBriónPhyscomitrella patens480.000.000480MbPrimeiro xenoma de briófito secuenciado, xaneiro de 2008.LévedoSaccharomyces cerevisiae12.100.00012,1MbPrimeiro xenoma eucariótico secuenciado, 1996FungoAspergillus nidulans30.000.00030MbNematodoCaenorhabditis elegans100.300.000100MbPrimeiro xenoma de animal pluricelular secuenciado, decembro de 1998NematodoPratylenchus coffeae20.000.00020MbO xenoma animal máis pequeno coñecidoInsectoDrosophila melanogaster (mosca da froita)130.000.000130MbInsectoBombyx mori (verme da seda -lepidóptero-)432.000.000432Mbcontén 14.623 xenes preditosThe International Silkworm Genome (2008). "The genome of a lepidopteran model insect, the silkworm Bombyx mori". Insect Biochemistry and Molecular Biology 38 (12): 1036–1045. doi:10.1016/j.ibmb.2008.11.004. PMID 19121390.InsectoApis mellifera (abella do mel)236.000.000236MbInsectoSolenopsis invicta (formiga de fogo)480.000.000480MbPeixeTetraodon nigroviridis (tipo de peixe globo)385.000.000390MbO xenoma de vertebrado máis pequeno coñecido - 385 Mb.MamíferoMus musculus2.700.000.0002,7GbMamíferoHomo sapiens3.200.000.0003,2GbXenoma do Homo sapiens estimado en 3,2 miles de millóns de pares de bases Secuecnciación inicial e análise do xenoma humanoVenter, J. C.; Adams, M.; Myers, E.; Li, P.; Mural, R.; Sutton, G.; Smith, H.; Yandell, M. et al. (2001). "The Sequence of the Human Genome". Science 291 (5507): 1304–1351. doi:10.1126/science.1058040. PMID 11181995.PeixeProtopterus aethiopicus (un peixe pulmonado)130.000.000.000130GbO xenoma de vertebrado máis grande coñecido

Proporción de ADN non repetitivo A proporción de ADN non repetitivo calcúlase dividindo a lonxitude do ADN non repetitivo polo tamaño do xenoma. Os xenes que codifican proteínas e os que codifican ARNs xeralmente son ADN non repetitivo. Que un xenoma sexa máis grande non quere dicir que teña máis xenes; de feito, a proporción de ADN non repetitivo decrece conforme aumenta o tamaño do xenoma en eucariotas superiores.

A proporción de ADN non repetitivo pode variar moito entre especies. Algunhas cepas de E. coli e outros procariotas só teñen ADN non repetitivo, e eucariotas como o verme C. elegans e a mosca Drosophila melanogaster, posúen máis ADN non repetitivo que repetitivo, pero os eucariotas superiores como os vertebrados teñen máis ADN repetitivo que non repetitivo. Nalgunhas plantas e anfibios, a proporción de ADN non repetitivo non é maior do 20%, polo que é un compoñente minoritario.

Proporción de ADN repetitivo Hai dúas categorías de ADN repetitivo no xenoma: as repeticións en tándem e as repeticións intercaladas (ou dispersas).

Repeticións en tándem