Albelda de Iregua é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España. Ten unha poboación de 3.098 habitantes (INE, 2008) e unha extensión de 23,03 km². O seu nome procede do termo árabe Bayḍā xunto co artigo Al, significando A Branca

Xeografía Albelda atópase situada ao sur de Logroño no val baixo do Iregua. Isto proporciona unha terra fértil para o cultivo de froiteiros.

O termo limita ao norte con Lardero e Alberite; ao leste con Clavijo; ao sur con Nalda e ao oeste con Sorzano e Entrena.

Historia En 1063 o bispo de Nájera concede á poboación unha carta poboa, na que aparece mencionada como Longares.

Lugares de interese Edificios e Monumentos Igrexa de San Martín, construída en 1970. Ermida de Santa Isabel. Ermida da nosa Señora de Bueyo, románica. Ermida de Santa Fe de Palazuelos, situada no termo municipal de Clavijo.

Festas Locais Romaría a San Marcos 25 de abril. Festas de San Prudencio 28 de abril. Festas do Triunfo (ou do Verán), último domingo de agosto. San Isidro 15 de maio. Santiago Apóstolo 25 de xullo. Virxe do Bueyo 25 de marzo.

Ligazóns externas Fotografías de Albelda

Categoría:Concellos da Rioxa