Franck Ribéry, nado en Boulogne-sur-Mer o 7 de abril de 1983, é un exfutbolista francés que xogaba de centrocampista.
Traxectoria En 2001, debutou coa US Boulogne, da súa cidade natal. En épocas posteriores, xogou no Olympique Alès, Stade Brestois 29 e FC Metz, todos eles franceses. En xaneiro de 2005 foi transferido ó Galatasaray turco, completando a súa carreira no país turco con algúns altercados policiais e delitivos, aínda que axudou a gañar a Copa de Turquía en 2005, grazas a un gol fundamental nas semifinais. No entanto, en xuño dese ano, deixou o club para unirse ó Olympique de Marsella. O club turco recorreu a transferencia da FIFA, que non tomou aínda unha decisión final a este respecto.
Ribéry, en 2007 fichou polo Bayern de Múnic, asinado un contrato ata o 30 de xuño de 2011. A prensa especula que o valor da transferencia sería de arredor de 25 millóns de euros, máis 4 millóns Bayern clasificábase para a Liga de Campións na tempada 2007-08. No entanto, o director do Bayern non quería revelar canto diñeiro tiña que pagar por el, en calquera caso, a sinatura máis cara na historia da Bundesliga.
Vida persoal Cando tiña 2 anos de idade sufriu un grave accidente automobilístico que lle deixou profundas cicatrices na cara. En 2002, Ribéry converteuse ao islam. O seu nome musulmán é Bilal. A súa muller, Wahiba Belhami é de orixe alxeriana. Ten dúas fillas, Hiziya e Shahinez.
Selección nacional A súa primeira convocatoria internacional coa Selección de fútbol de Francia foi o mundial de Alemaña 2006, onde a selección gala quedou subcampioa. Debido á súa chamada, o técnico francés Raymond Domenech tomou a polémica decisión de non convocar ao mediocampista do FC Barcelona Ludovic Giuly. Ribéry foi titular en todos os partidos do campionato. O 17 de xuño de 2008 estaba participando con Francia na Eurocopa de Austria e Suíza cando se lesionou nun lance co italiano Gianluca Zambrotta. Sufriu unha forte escordadura de nocello e tivo que ser retirado do partido, concluíndo así a súa participación no torneo, xa que a selección francesa acabaría perdendo por 2-0, quedando con iso eliminada da Eurocopa.
Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 2006AlemañaSubcampión
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa de TurquíaGalatasarayTurquía2005Copa de AlemañaBayern de MúnicAlemaña2008Fussball BundesligaBayern de MúnicAlemaña2008
Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Intertoto da UEFAOlympique de MarsellaFrancia2005
Distincións individuais DistinciónAnoXogador xuvenil da Ligue 12006Mellor xogador da Fussball Bundesliga2007 - 2008
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Bayern .
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no departamento do Paso de Calais Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do US Boulogne Categoría:Xogadores do Olympique Alès Categoría:Xogadores do Stade Brestois 29 Categoría:Xogadores do FC Metz Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA