Uda (宇陀市, うだし, Uda-shi) é un concello da prefectura de Nara no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kinki, ao nordeste da prefectura, na illa de Honshū. A súa superficie é de 247,62 km², a poboación é de 34.927 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 141 h/km².
A cidade de Uda foi fundada pola fusión de 3 concellos de vilas (Ōuda-chou, Utano-chou e Haibara-chou) e 1 concello de aldea (Murō-mura) do distrito de Uda no ano 2006.
O concello de Uda limita cos concellos de Yamazoe, Nara, Sakurai, Yoshino, Higashiyoshino, Soni (que son da prefectura de Nara); e Nabari (este último é da prefectura de Mie).
Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón