thumb|left|Ministerio das Finanzas de Afganistán. A economía de Afganistán recupérase de décadas de conflitos, e mellorou logo da caída do goberno Talibán o ano 2001, especialmente pola axuda estranxeira e a recuperación da agricultura. Os millóns de dólares recibidos de axuda internacional despois de 2002 e os envíos feitos por expatriados – que o 2006 atinxiron 3,3 mil millóns de dólaresAfghanistan receives $3.3b remittances from expats – Pajhwok Afghan News - contribuíron para esta mellora da economía. Para esta recuperación axudou tamén o fin dunha seca que se prolongou por catro anos, e melloras na agricultura. Aínda así o Afganistán é un dos países máis pobres do mundo.
Case a metade da poboación sofre coa falta de vivendas, de auga potable, electricidade e emprego. O goberno do país e os organismos de axuda internacional procuraron nos últimos anos atender estas necesidades básicas con investimentos en infraestrutura, educación, construción de casas, programas de emprego, asistencia médica, e reformas económicas.
Agricultura
A economía do Afganistán continúa dependente da agricultura a pesar de apenas 12% de seu territorio ser arable, e menos de 6% ser cultivado. A produción é pouca pola dependencia de caídas de neve e chuvias irregulares, e a irrigación é pouca. Hai pouco uso de máquinas agrícolas, pesticidas e fertilizantes químicos.
Notas
Afganistán Categoría:Afganistán