Nasushiobara (那須塩原市, なすしおばらし, Nasushiobara-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 592,82 km², a poboación é de 116.437 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 196 h/km².
A cidade de Nasushiobara foi fundada pola fusión do concello da cidade de Kuroiso e dous concellos de vilas do distrito de Nasu ( Shiobara e Nishinasuno) no ano 2005.
O concello de Nasushiobara limita cos concellos de Nikkō, Shioya, Yaita, Ōtawara, Nasu (que son da prefectura de Tochigi); de Minamiaizu, Shimogō e Nishigō (que son da prefectura de Fukushima).
Cidades irmandadas Niiza, prefectura de Saitama, Xapón (2005). Hitachinaka, prefectura de Ibaraki, Xapón (2006). Namerikawa, prefectura de Toyama, Xapón (2006).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nasushiobara .
Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón