Galiza estremeira Localización en amarelo 280px|Localización de Datos Administración 47 concellos Comunidades actuais Castela e León e Asturias Superficie aproximada 3.200 km² Poboación aproximada 60.000 hab.

Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza"Más de 23.000 bercianos utilizan el gallego como lengua principal" La Voz de Galicia, 13/4/2010."Donde Galicia limita con el Manzanal" La Voz de Galicia, 12/4/2010."«Esta é a mellor mostra do ben que nos levamos os do Bierzo cos galegos, e non está preparado»" La Voz de Galicia, 14/4/2010."«É lóxico que na toma de posesión falase en galego, é a lingua dos veciños»" La Voz de Galicia, 14/6/2011., existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza"Vega amenaza con promover su anexión a Galicia" La Voz de Galicia, 23/8/2000 "El alcalde socialista de Barjas quiere que su municipio abandone la región" ABC, 15/2/2012 ."Alcaldes de otros cuatro municipios de El Bierzo estudian la anexión a Galicia" La Voz de Galicia, 26/8/2000 ."Carucedo e Borrenes ameazan con unirse a Galicia" Vieiros, 22/2/2001.https://www.elnortedecastilla.es/zamora/queremos-irnos-castilla-20180917132745-nt.html, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.

Xeografía A Galiza estremeira ou irredenta é un territorio en forma de franxa, de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura, situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos máis occidentais do Principado de Asturias, situados entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao río Navia). A pesar das diferenzas administrativas entre as diversas zonas desta longa franxa, todas teñen en común unha lingua e por tanto en boa parte unha cultura que comparten aínda hoxe coa Galiza autonómica.

Tradicionalmente vénse dividindo ou agrupando estes territorios en tres partes: Eo-Navia, Bierzo e Portelas / Seabra. Se ben, recentemente apareceu unha nova proposta de comarcalización destes territorios por parte dunha organización política que divide estes territorios en cinco comarcas: Terra do Eo-Navia, Val do Ibias, O Bierzo, Cabreira e a Seabra. Estas son as diferentes comarcas segundo a primeira división, por ser a máis estendida e coñecida:

Terra Eo-Navia A Terra Eo-Navia, Navia-Eo ou Entrambasaguas, son as denominacións que recibe a rexión de lingua galega que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galiza e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia. O termo Terra Eo-Navia, trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional, e na que se inclúen os seguintes concellos:

As Portelas e Calabor As Portelas é unha rexión actualmente baixo administración zamorana (Castela e León), situada na fronteira con Galiza (á que pertenceu até o ano 1789) e na que historicamente se fala o galego, aínda que sen status oficial. Comprende os seguintes concellos:

O Bierzo Situado entre a Serra do Courel, os Montes Aquilanos e a Serra de Fistedo, O Bierzo é unha comarca actualmente baixo administración leonesa e integrada polo tanto na Comunidade Autónoma de Castela e León. Con todo, a propia xeografía, historia e principalmente o idioma, fan do Bierzo occidental unha terra estreitamente ligada a Galiza, da que formou parte durante séculos. O uso do galego, que ten a súa celebración anual no día do nacemento de Martiño Sarmiento, mantense nos seguintes concellos:

Historia miniatura|esquerda|300px|Mapa do reino de Galiza elaborado por Gérard Mercator e Jodocus Hondius, cun detalle do mesmo no que aínda se situaba a Ponferrada como entrada do reino, así como as vilas de Vilafranca do Bierzo, Valcarce, Cacabelos ou A Ponte de Domingos Flórez en Galiza. 1619.

As diversas causas que orixinan que existencia de amplos territorios galego-falantes fóra de Galiza son resultado de diferentes sucesos -de carácter eminentemente político-, que desde o século XII ata o ano 1789, foron sucesivamente reducindo o territorio oficialmente galego. A conseguinte exclusión de zonas limítrofes, que antano formaban parte de Galiza, levou á súa forzosa integración nos territorios lindeiros, conservando as súas xentes con todo, o idioma galego así como outros trazos culturais afíns.

O Bierzo (1486) Coa fragmentación do reino de Galiza e a individualización do recente reino de León a comezos do século XII as informacións sobre a adscrición do Bierzo a un ou outro reino son confusas e mesmo contraditorias. Mentres que para uns autores o reino de Galiza remataba na fronteira natural dos montes do Cebreiro, para outros facíao na periferia da vila de PonferradaNunha lista de filiais de Cluny, sobre os séculos XI-XII apréciase: Prioratus Beatae Mariae de Cluniaco, de Villafrancha, alias de Valle Carceris, im Galicia, Asturicensis diocesis., incluíndo ás terras do Bierzo en Galiza. ., chegándose incluso a considerar o territorio berciano como unha entidade propia debido á súa condición xeográfica limítrofe. Os séculos posteriores, porén, consolidarían finalmente o occidente do Bierzo na vida política e social galega ata finais do século XV.

Será precisamente nese século cando o conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, el mayor señor de aquel reyno de Galicia sufra o acoso total dos irmandiños (incluídos os bercianos), cando máis de 30.000 deles o sitien no Castelo de PonferradaA cifra foi indicada polo mesmo Conde a un criado seu, Ares de Rigueira, testemuña dobre no preito Tabera-Fonseca, Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 490., corazón do Bierzo, a súa confrontación coa Real Audiencia e os Reis Católicos suporíalle á casa de Lemos, a división do condado no ano 1486, mercando Ponferrada os propios Reis Católicos e creando o marquesado de Vilafranca. Dese xeito recaeu o Bierzo en mans castelán-leonesas, definíndose o límite entre o reino de Galiza e o de León, que pasaba a situarse no Cebreiro.

A Real Audiencia de Galiza, órgano de goberno e tribunal de xustiza do reino, conforme a Provisión de 7 de outubro de 1480 (ano de fundación da institución), estendía os seus dominios polo Bierzo e Terra de Valcarce. Descoñécese até cando isto se mantivo; porén, aínda en 1521, após a Asemblea de Melide, o rei encargou ao gobernador de Galiza pór tropas na fortaleza de Ponferrada.

A división do condado, non obstante, non impediu que o territorio berciano continuase a ser tradicionalmente considerado parte integrante de Galiza, así escritores e humanistas como Fernán Pérez de Oliva, Jerónimo Zurita. En Libros en Red. (...) por las novedades que sucedían en Galicia por la ocupación de Ponferrada que se tenía por don Rodrigo Osorio conde de Lemos (...)., Lope de Vega, e viaxeiros como Bartolomé de Villalba y Estraña, Caumont, Claude de Bronseval, Arnold von Harff e outros, continuaron a considerar na súa obra o Bierzo occidental como parte do reino de Galiza, aludindo a diferentes enclaves como galegos, (Ponferrada) llave e principio del reyno de GalliziaSentenza de 1522, polo privilexio de exención de portaxe de Valencia de don Xoán contra Ponferrada., (Vilafranca do Bierzo) tiene esta villa buena vega, aunque ya está en Galicia, mesmo afirmando firmemente que: Pont Ferrat (Ponferrada), fin d’Espagne, commencement de Galice (Ponferrada, fin de España e comezo de Galiza). Aínda na segunda metade do século XVIII, en decembro de 1772, a propósito do pasamento de frei Martín Sarmiento, o xornal Mercurio Histórico y Político informaba que era natural de «Villafranca del Vierzo en Galicia».

As Portelas e Calabor (1789) Os catro concellos que forman hoxe en día As Portelas sempre estiveron ligados a Galiza e foron parte do antigo Reino de Galiza durante boa parte da Idade Media. A situación xeográfica e orográfica deste territorio separado do resto de Seabra polas montañas, e que fica máis envorcado cara Galiza ca ao resto de Seabra e da Provincia de Zamora, é responsable de que os seus habitantes falen galego. Estes concellos pertenceron durante a Idade Moderna á Provincia de Valladolid, agás Hermisende; este concello foi portugués ata a Guerra de independencia portuguesa no século XVII, tralo cal ficou incorporado a España, e por conseguinte ás Portelas. Certamente, As Portelas pasaron polas mans de varios grandes señores e bispos. Ata o século XIV, estiveron ligadas á Casa de Lemos e pasaron despois ao Ducado de Benavente. O mesmo ocorreu no terreo eclesiástico. Algunhas das vilas e aldeas pertenceron á diocese de Ourense ata hai ben pouco; mesmo outras aldeas deste pequeno recuncho da Alta Seabra estiveron ligados ás dioceses de Oviedo e Astorga. Hoxe en día todos dependen da diocese de Astorga no terreo eclesiástico. A súa relación nominal co antigo Reino de Galiza rematou en 1789. Pasaron a ser galegas durante o Trienio liberal en 1822 (sendo parte da provincia de Ourense). Porén, todo isto rematou cando estes catro concellos pasaron a formar parte de Zamora coa división provincial creada por Felipe Bauzá y Larramendi, e asinada polo ministro Javier de Burgos o 30 de novembro de 1833.Las tierras Navia-Eo en el Reino de Galicia .

No concello de Porto, o 26 de agosto de 2018, coincidindo coa maior feira de gando do ano, celebrouse unha consulta informal sobre a hipotética separación de Castela e León, coa intención de pasar a Galiza. Os veciños quéixanse do afastados que se atopan da capital zamorana, o uso da lingua galega pola maioría dos moradores e o abandono que, din, teñen dende a administración castelá. O resultado foi de 202 votos a prol da escisión, 19 en contra e 6 en branco. A consulta non se limitou ao censo senón que puido votar calquera que se achase nese momento na localidade.Noticia no diario castelán Burgos ConectaPorto, el pueblo zamorano que votó en 'referéndum' anexionarse a Galicia

Resto de Seabra miniatura|Graffiti na Pobra de Seabra. A terra de Seabra pertenceu ao Reino de Galiza polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.

O feito de que Calabor sexa actualmente un enclave onde se fala galego débese a que o sur do concello de Requeixo tamén era galegofalante mais ficou despoboado.

O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Pobra de Seabra realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».

A identificación das súas xentes con Galicia foi recolleita por Joaquín Díaz ―dentro da súa obra de 1986― nas palabras dun xabrés: «Nosotros somos castellanos de Galicia».

Eo-Navia (século XII) No caso do territorio comprendido aproximadamente entre os ríos Eo e Navia, integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galiza, tal e como recolle unha confirmación do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (..) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira)., Facsimile en Google Books.