Xosé Ballesteros Rei, nado en Vigo o 14 de marzo de 1956, é un escritor, tradutor e editor galego.

Traxectoria Estudos Filosofía na UNED. É un dos fundadores e director da editorial Kalandraka, tamén dirixe Faktoría K de Libros e Cuatro Lunas. Imparte obradoiros de escrita creativa para docentes, escolares e afeccionados á literatura. Tamén investigou sobre a historia e a estrutura dos contos clásicos europeos a partir das teorías de Vladimir Propp e das achegas de Italo Calvino, a partir das que adaptou diversos contos tradicionais.

Imparte obradoiros de escrita creativa e sesións de narración oral para nenos, así como cursos e actividades de formación para educadores. Ten participado como xurado nos Premios Princesa de Asturias das Letras.

En maio de 2016 foi nomeado presidente da Asociación Galega de EditoresXosé Ballesteros, novo presidente da AGE , entrevista en Sermos Galiza o 21 de maio de 2016..

Obra miniatura|O autor con Ramón Rozas na Casa das Campás: Conversas na UVI. 23/10/2018

Literatura infanto-xuvenil A Historia (1996). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 9788483020234. A néboa escura (1996). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-8302-024-1. O coelliño branco (1998). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular portugués. Con Oscar Villán. 32 páxs. ISBN 978-84-8464-548-1. Os sete cabritos (1998). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto dos irmáns Grimm. Con Sonia Fedz. Rodríguez. 32 páxs. ISBN 978-84-95123-06-0. Os tres porquiños (1998). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular inglés. Con Marco Somá. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-278-7. O gato con botas (1999). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Charles Perrault. Con Enjamio. ISBN 978-84-8464-523-8. Tío Lobo (2000). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular. Con Roger Olmos. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-911-3. O traxe novo do rei (2000). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Hans Christian Andersen. Con João Caetano. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-024-0. Poucapalla (2001). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular. ISBN 978-84-8464-088-2. O frautista de Hamelín (2002). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular. 32 páxs. ISBN 9788484641315. Os tres osos (1998). Pontevedra: Kalandraka. Adaptación de Xosé Ballesteros a partir do texto de Southey. Con Miguel Tanco. ISBN 978-84-8464-664-8. Imaxina animais (2008). Pontevedra: Kalandraka. Álbum ilustrado con Juan Vidaurre. 36 páxs. ISBN 978-84-8464-395-1. As pescadoras (2017). por Nadia Menotti, Pontevedra: Kalandraka. Adaptación do texto de Xosé BallesterosFicha do libro na páxina web da editorial.. 36 páxs. ISBN 978-84-8464-283-1.

Narrativa Talego (1993). Vigo: Xerais. 212 páxs. ISBN 9788475077703 (2001) Viaxe á morada dos deuses (1999). TLR Turismo. 160 páxs. ISBN 978-84-931181-1-2.

Traducións Un, dous, tres, que ves?, 2005, Faktoría K. Catarina, o Oso e Pedro, de Christiane Pieper, 2007, Kalandraka. Con Marc Taeger. A coelliña Marcela, 2011, Kalandraka. Almanaque musical, 2012, Kalandraka. O baile diminuto, de María José Ferrada, 2012, Kalandraka. Un cadro de Van Gogh, de Claire d'Harcourt, 2013, Faktoría K. Manual do bo paseante, de Raimon Juventeny, 2014, Faktoría K. Tanto Como, de Eugénio Roda, 2014, Faktoría K. A avoa adormecida, de Roberto Parmeggiani, 2014, Kalandraka. Se che pica un mosquito, de Jordi Gastò, 2020, Kalandraka.Ficha da obra na web da editorial.

Obras colectivas "A raia de xiz" en Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais. Unha liña no ceo, 1996, Xerais. Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. De cando a primavera cría que era inverno, 2008, Xunta de Galicia.

Premios Premio Manuel García Barros en 1993, por Talego. 2026: Homenaxe da Feria Internacional del Libro, Liber 2026. A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) recoñece desta maneira a traxectoria do cofundador e director xeral de Kalandraka: "é un proxecto que publica en todas as linguas oficiais da Península".

Notas

Véxase tamén Bibliografía «Ballesteros Rei, Xosé Antonio» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada «Ballesteros Rei, Xosé Antón» en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 85.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Editores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Gañadores do Premio García Barros